As aulas CeMIT de 21 concellos de Galicia acollen cursos sobre primeiros pasos en ciberseguridade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, sobre todo, ás persoas maiores, sobre o uso seguro da tecnoloxía e ofrecer solucións accesibles no día a día
- O programa formativo desenvolverase entre os meses de marzo e xuño e a inscrición pode facerse dende o portal web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas

Santiago de Compostela, 26 marzo de 2025
A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o venres 28 de marzo na Coruña un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade que se desenvolverá nas aulas CeMIT de 21 concellos de Galicia.
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ás persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
As sesións formativas estenderanse ata o mes de maio, baixo o lema "Ciberseguridade, os teus primeiros pasos" e desenvolveranse de xeito presencial.
O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Abegondo, A Caniza, A Bola, Brión, Catoria, Celanova, , Cuntis, A Fonsagrada, Eirís (A Coruña), Fisterra, Guitiriz, Leiro, O Porriño, Ortigueira, O Vicedo, Pontevedra, Ribeira, San Sadurniño, Valga, Vigo, Vimianzo.
Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.