Belén do Campo destaca a presenza da Xunta no X Fórum gastronómico con 29 expositores dedicados a produtos galegos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Durante a súa visita, Belén do Campo percorreu varios dos postos que participan no evento interesándose polas novidades do sector

A Coruña, 25 de marzo de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou os stands do X Galicia Fórum Gastronómico, o maior encontro do sector culinario do norte de España. Un evento de referencia no sector que reúne a profesionais, produtores e amantes da gastronomía. Durante a súa visita, destacou que este encontro é unha magnífica plataforma de lanzamento e promoción do talento dos mellores cociñeiros galegos, ademais de ser un gran foro de formación e reciclaxe dos mesmos a través da presenza de figuras internacionais da cociña. Contribúe tamén ao desenvolvemento do sector turístico gastronómico.
Belén do Campo puxo en valor as iniciativas que a Xunta desenvolve para potenciar a calidade e a identidade da gastronomía galega, facendo fincapé na importancia de promover os produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e de artesanía alimentaria. "A gastronomía é un piar fundamental para a nosa economía" subliñou. Neste senso, informou que este ano a Consellería do Medio Rural conta cun espazo conxunto de illas baixo o paraugas común da Xunta de Galicia onde hai tamén illas con empresas e espazos institucionais da Consellería do Mar e de Galicia Calidade. Esta zona dispón de espazos dedicados aos produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, que estarán atendidos por persoal dos consellos reguladores con degustación destes produtos.
En concreto, Medio Rural conta con 29 coexpositores en total. Unha illa é de viños, augardentes e licores, produtos da agricultura ecolóxica e un elaborador da IXP Tarta de Santiago e pan galego; a outra destínase en exclusiva de produtores de Artesanía Alimentaria.
Belén do Campo salientou o papel fundamental que eventos coma este xogan na dinamización do sector, facilitando o encontro entre profesionais e favorecendo a difusión do talento gastronómico galego.
Durante a súa visita, Belén do Campo percorreu varios dos expositores que participan no evento, interesándose polas novidades do sector e trasladando o apoio da Xunta aos profesionais da gastronomía e aos produtores locais.
Galicia, gastronomía de éxito
Galicia conta cunha das gastronomías nacionais que máis recoñecementos reciben a nivel global. O noso territorio exhibe 17 estrelas Michelin (tres deles con dúas estrelas) e 36 selos de calidade diferenciadas, sendo a 3ª Comunidade que máis ostenta. Ademais, tamén conta con 43 Soles Repsol e 20 Bib Gourmand, entre outras distincións.