A Xunta e Lideremos Galicia fortalecen o diálogo para continuar avanzando no impulso estratéxico do emprego e do emprendemento xuvenil
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, mantivo unha reunión cos impulsores da plataforma xuvenil Lideremos Galicia, Max Cánovas e María Buceta, co obxectivo de continuar avanzando no impulso estratéxico do emprego e do emprendemento entre a mocidade galega.
A reunión enmárcase na aposta do Goberno autonómico pola escoita activa e o establecemento de espazos de diálogo coas entidades representativas de colectivos prioritarios, como é a mocidade. Neste senso, o secretario xeral destacou que Galicia continúa avanzando na xeración de oportunidades laborais a través da Estratexia Mocidade Activa e favorecendo a redución burocrática a prol de impulsar a iniciativa emprendedora, en liña con medidas como a unificación nunha soa orde de cinco liñas de axudas para autónomos, dotadas en total con máis de 40 millóns de euros. Pola súa banda, Marta Mariño lembrou que a Xunta pon a disposición da mocidade a Rede de polos, con 15 oficinas espalladas por toda Galicia nas que se asesora de forma totalmente gratuíta e personalizada a calquera persoa que desexe poñer en marcha un proxecto ou consolidar o que xa ten emprendedores.