A Xunta destina máis de 520.000 euros a Cáritas para acometer melloras na casa de acollida de vítimas de trata en Ourense
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Roberto Barba sinala que o Executivo galego tamén financiou nos últimos cinco anos con preto de 500.000 euros diferentes programas para mellorar a situación e calidade de vida das usuarias
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 22 de marzo de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitou as instalacións da casa de acollida para vítimas de trata que Cáritas Diocesana posúe en Ourense. Alí lembrou que a Xunta de Galicia destinou no 2024 máis de 520.000 euros para acometer diferentes obras de mellora no inmoble e a adquisición dun vehículo.
O director xeral sinalou que esta non é a única colaboración da Xunta de Galicia con esta entidade social en Ourense, de xeito que sinalou que nos últimos cinco anos o Executivo autonómico destinou máis de 400.000 en diferentes achegas para sufragar programas e iniciativas para mellorar a situación das vítimas e a súa calidade de vida neste recurso de atención e recuperación integral.
Roberto Barba indicou ademais que Cáritas Diocesana de Ourense forma parte da Rede Galega contra a Trata, polo que destacou a colaboración entre o Executivo galego e estas entidades para seguir impulsando medidas que permitan mellorar a sensibilización e atención das vítimas.