O novo centro de día municipal de Ramirás comeza a ser unha realidade cun investimento de máis de 430.000 € por parte da Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Executivo autonómico financia o 100 % das obras a través do seu Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos municipais destinados ás persoas maiores
- O novo servizo de atención diúrna de Ramirás disporá de 20 prazas e se emprazará nunha antiga escola construída na década dos 30 do século pasado, un dos edificios máis singulares da localidade
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ramirás (Ourense), 21 de xullo de 2024
A Xunta de Galicia reforzará os servizos destinados á atención das persoas maiores en Ramirás para o que está a financiar con 432.000 euros a construción dun centro de día que dependerá do concello. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá as obras acompañado da alcaldesa, Isabel Gil.
O Executivo autonómico financia o 100 % desta actuación, a través do Plan de Investimentos para a construción, reforma ou ampliación de recursos municipais para as persoas maiores. Os traballos, xa iniciados, consisten na rehabilitación dunha antiga escola construída na década dos 30 do século pasado e que é un dos edificios máis singulares de Ramirás. O novo centro de día terá capacidade para 20 usuarios e a titularidade e xestión corresponderá ao concello.
Perfecto Rodríguez manifestou a súa satisfacción polo feito de que, paso a paso, os máis de 20 concellos que recibiron fondos do Plan de investimentos da Xunta comezan a poñer en marcha os seus proxectos. En total, o Goberno galego destina 18,5 millóns de euros a impulsar a rede local de recursos para a atención ás persoas maiores, con novas residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociocomunitarios. En concreto, este plan suporá a creación de 500 novas prazas de atención residencial e outras 150 de atención diúrna en concellos rurais menos poboados.
O Plan de Investimentos foi acordado pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provinciais (Fegamp) e os seus fondos proceden do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).