A Xunta aposta pola colaboración coa administración local para seguir concienciando contra a trata e a explotación sexual
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero sinala que a exposición 'Chicas Nuevas 24 Horas' busca sensibilizar ante o sufrimento das vítimas

Cambados (Pontevedra), 20 de marzo de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, trasladou que a Xunta seguirá colaborando coas Administracións locais na concienciación e sensibilización contra a explotación sexual. Así o sinalou tras participar no debate divulgativo sobre trata que organiza o Centro de Información á Muller do Salnés.
O director xeral acudiu ao debate organizado pola directora de cine, Mabel Lozano, sobre a explotación sexual no contexto de dixitalización que vive a nosa sociedade. Roberto Barba agradeceu o labor da cineasta contra a trata de seres humanos, creando recursos esenciais para seguir sensibilizando e concienciando á sociedade neste materia.
Entre as actividades de sensibilización da Xunta de Galicia está a exposición 'Chicas Nuevas 24 Horas' dirixida pola propia Mabel Lozano e que o Executivo galego pon a disposición dos Concellos galegos para seguir informando á cidadanía sobre a explotación sexual e o sufrimento das vítimas. Neste sentido, Roberto Barba destacou que nos dous últimos anos se investiron preto de 70.000 euros nesta actividade que estivo presente nunha trintena de municipios.
Así mesmo, o director xeral lembrou que a Xunta de Galicia mantén un compromiso firme na loita contra a explotación sexual e a trata de persoas, reforzando os recursos de atención a vítimas e achegando cada vez máis información á cidadanía.