A Xunta pon en valor a traxectoria do programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero de Aemos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que o Executivo autonómico destinou preto de 400.000 euros a esta iniciativa nos últimos cinco anos

Mos (Pontevedra), 19 de marzo de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, enxalzou o programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) e que funciona desde o ano 2016. Así o sinalou durante a súa visita ás instalacións da entidade na que estivo acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Roberto Barba destacou que o Executivo galego destinou preto de 400.000 euros a esta iniciativa nos últimos cinco anos a través da convocatoria de axudas para entidades sen ánimo de lucro. O director xeral sinalou que este tipo de programas son imprescindibles para seguir combatendo a violencia de xénero e para garantir a recuperación de todas as vítimas.
Neste sentido, lembrou que a normativa galega nesta materia é pioneira no conxunto do Estado e garante a mesma protección para todas as mulleres que tamén foron vítimas de trata ou violencia sexual, permitíndolle acceder ás mesmas proteccións e garantías que calquera muller vítima de violencia de xénero.
Ademais, trasladou o firme compromiso da Xunta para traballar man a man coas entidades sociais e o tecido produtivo para combater a violencia de xénero e sinalou que a Administración galega seguirá reforzando as medidas e os recursos dispoñibles para previr e sensibilizar fronte á violencia contra as mulleres en todos os ámbitos sociais.