Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.172 persoas menos
- En paralelo, increméntase en preto de 13.300 as persoas descendentes xa nacidas no estranxeiro, acadando actualmente unha comunidade galega no exterior de máis de 548.000 cidadáns
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025
O número de emigrantes galegas e galegos —persoas que naceron en Galicia e residen no exterior— volve baixar un ano máis en 2.172 persoas, continuando a tendencia dos últimos exercicios. En paralelo, a poboación galega total que reside no exterior increméntase debido ás novas inscricións de persoas descendentes de galegas e galegos nacidas no estranxeiro, ata alcanzar os 548.252 (incremento de 13.280 persoas, un 2,42%) a 1 de xaneiro de 2025, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes das persoas galegas que viven no estranxeiro e que xa naceron no seu país de destino. Estas novas estatísticas manteñen o mapa da poboación galega no exterior, que segue a liderar A Arxentina con 185.186, seguida do Brasil con 52.459 e Cuba con 50.656, O Uruguai con 42.982, Suíza con 41.043 ou Venezuela con 30.000.
Nova realidade migratoria
Esta realidade demográfica constitúe unha oportunidade para Galicia, que conta cun importante aliado fóra das nosas fronteiras para superar o reto demográfico que está a atravesar non só a comunidade, senón toda España. Con esta finalidade, Galicia é pioneira na implementación da Estratexia Galicia Retorna que segue a facilitar que as e os galegos retornen. Precisamente o ano pasado, coñecíamos un fito importante para a comunidade galega, xa que, por terceiro ano consecutivo, acadouse unha cifra histórica de retorno. Un total de 8.459 galegos decidiron volver a Galicia dende os seus países de residencia actual.