A Xunta mantén aberta a convocatoria do Galicia Emprega con preto de 20 M€ para impulsar a contratación de colectivos prioritarios

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O programa está orientado a impulsar a contratación de mulleres, persoas mozas, paradas de longa duración, retornadas, estranxeiras, con discapacidade, en risco de exclusión e maiores de 52 anos 
  • Poderán optar aos apoios as persoas empregadoras e empresas —incluídos os autónomos, as sociedades civís e as entidades sen ánimo de lucro— que contraten de xeito indefinido persoas destes colectivos con maior dificultade de inserción laboral
  • A orde tamén contempla incentivos para a transformación de contratos de tempo parcial a tempo completo, para a adaptación de postos de traballo para as persoas con discapacidade e para o incremento de duración dos contratos fixos descontinuos
  • Entre os anos 2018 e 2024, a Xunta investiu neste programa máis de 85,6 M€, con máis de 8.200 empresas beneficiarias que posibilitaron máis de 10.500 contratacións
Imagen del artículo A Xunta mantén aberta a convocatoria do Galicia Emprega con preto de 20 M€ para impulsar a contratación de colectivos prioritarios
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025

A Xunta lembra que permanece aberta a nova convocatoria do programa Galicia Emprega, dotado con 19,7 millóns de euros para promover a contratación estimada de 1.700 persoas desempregadas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral.

A convocatoria de achegas está dirixida ás persoas empregadoras e empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos os autónomos e as sociedades civís, así como as entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego e empresas de inserción.

A actuación ten como fin a contratación indefinida e a tempo completo das persoas de colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como a mocidade, mulleres, persoas paradas de longa duración, de 52 anos ou máis, emigrantes retornadas ou estranxeiras coa finalidade de aproveitar e reter o seu talento.

Como novidade, a convocatoria inclúe 1,7 millóns para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, iniciativa que se estreou o ano pasado facendo especial fincapé en sectores tecnolóxicos e industriais de alto valor engadido, como o da información e comunicación ou en actividades profesionais científicas e técnicas.

Importes por colectivo

Así, dos preto de 20 millóns de euros cos que conta o programa, ademais dos xa mencionados 1,7 millóns para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, 7 millóns de euros están dirixidos a promover a contratación de mulleres e 3,5 millóns de euros para persoas mozas e correspóndese co Galicia Emprega Moz@s, unha das iniciativas que se enmarca na Estratexia Mocidade Activa para impulsar a empregabilidade e captar o talento da xente nova e que —tan só no caso da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— estará dotada con 20 millóns de euros.

Para os parados de longa duración e persoas de máis de 52 anos, o importe consignado é de 2 millóns de euros e a mesma cantidade para persoas emigrantes retornadas e estranxeiras. O orzamento dirixido a incentivar a contratación de persoas con discapacidade ou risco exclusión social é de 3 millóns de euros e de 500.000 euros para todas as persoas en entidades sen ánimo de lucro.

Todas elas parten dun apoio base de 6.000 euros que se incrementa ata os 10.000 euros  no caso de mulleres que se incorporen a sectores tradicionalmente masculinizados ou de persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social, entre as que tamén se permite a contratación parcial. Estas contías base por cada contrato que se desenvolva poderán incrementarse nun 15% se o centro de traballo está situado nun concello rural, entre outros supostos acumulables entre si. 

Galicia Emprega, así mesmo, contempla incentivos para a transformación de contratos de tempo parcial a tempo completo, para a adaptación de postos de traballo para as persoas con discapacidade e para o incremento de duración dos contratos fixos descontinuos. A contía máxima posible de axuda, de aplicarse todos os incrementos, será de 14.500 euros por persoas contratada. 

Cómpre engadir que entre os anos 2018 e 2024, a Xunta de Galicia investiu máis de 85,6 millóns de euros nesta iniciativa, con 8.223 empresas beneficiarias que posibilitaron 10.502 contratacións. 

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-160125-0005_gl.html

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/03/2025
945648 {"title":"A Xunta mantén aberta a convocatoria do Galicia Emprega con preto de 20 M€ para impulsar a contratación de colectivos prioritarios","published_date":"2025-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"945648"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-14/945648-xunta-manten-aberta-convocatoria-do-galicia-emprega-preto-20-m-impulsar-contratacion-colectivos-prioritarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.