A Xunta avoga polo impulso do Corredor Atlántico en Galicia con cifras e prazos concretos por ser clave para o desenvolvemento económico

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Diego Calvo lembra ao Comisionado para o Corredor Atlántico que Galicia segue sen coñecer os investimentos e prazos das obras previstas nesta infraestrutura estratéxica
  • Lorenzana avoga por "alzar a voz en Europa" e reivindicar "aquilo que nos fai fortes como espazo económico" para que a fachada atlántica non quede illada das grandes decisións que se adoptan en Bruxelas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 7 de marzo de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participaron hoxe na segunda e última xornada da IV Conferencia das Cámaras de Comercio do Arco Atlántico, organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa coa participación de representantes de cámaras españolas, portuguesas e francesas. No evento, ao que tamén asistiron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visibilizouse a unión das rexións atlánticas en ámbitos como o transporte e a intermodalidade; o corredor de hidróxeno e as enerxías renovables ou o Camiño de Santiago como distintivo vertebrador.

Diego Calvo participará na clausura da xornada e xa interviu na mesa redonda Infraestruturas de transporte do Arco Atlántico, na que abordou a necesidade de que o Goberno central impulse o Corredor Atlántico, unha rede estratéxica e prioritaria para a comunicación e a loxística do noroeste peninsular. Así llo lembrou ao comisionado para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián, a quen lle indicou que o Goberno galego segue sen ter compromisos, cifras e prazos concretos sobre a relación de obras e o horizonte temporal da súa execución nin do grupo de traballo técnico que se comprometeu constituír.

Nesta liña, segundo destacou o conselleiro, son imprescindibles "unhas boas conexións ferroviarias e portuarias con Portugal e co resto de Europa". En concreto, puxo como exemplo a falta de avances no AVE Vigo-Porto e na saída sur de Vigo ou a exclusión de Vigo como porto nodal. De feito, advertiu de que o actual estado das obras na parte española son incompatibles cos prazos dados polo Goberno central para antes de 2032 e tendo en conta que os trámites pendentes demoraríanse polo menos ata 2034.

Na súa intervención, o conselleiro de Presidencia puxo en valor a alianza das rexións do Arco Atlántico na súa cuarta conferencia para afrontar os desafíos económicos, ambientais e sociais que afectan á rexión atlántica e seguir avanzando en proxectos que fortalezan e a fagan competitiva a nivel europeo.

Este evento permitiu incorporar as empresas á alianza entre as cámaras, empresas, administracións, universidades e a cidadanía co obxectivo de promover o Arco Atlántico como macrorrexión e apostar polo desenvolvemento do seu tecido económico.

Alzar a voz en Europa

Nesta mesma liña, durante a inauguración do encontro, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avogou por "alzar a voz en Europa" e reivindicar "aquilo que nos fai fortes como espazo económico" para que a fachada atlántica "non quede illada" das grandes decisións que se adoptan en Bruxelas.

Nese sentido, fixo referencia á celeridade coa que debe aplicarse o novo plan para o sector da automoción aprobado esta semana pola Comisión Europea e, ao respecto, lembrou que Galicia leva tempo reclamando ante as institucións comunitarias que se adopten unha serie de medidas que permitan blindar esta industria fronte á ameaza da guerra comercial.

Do mesmo xeito, apuntou que tamén é en Bruxelas onde hai  que conseguir que a conexión de Galicia á rede de hidróxeno, o hidroduto Guitiriz-Zamora, sexa considerado Proxecto de Interese Comunitario (PCI) para poder optar aos fondos para a súa construción. "Imos seguir tratando de que se nos escoite en Europa", dixo, para subliñar: "Sabemos que o que é bo para Galicia, será bo para a competitividade do Arco Atlántico".

Lorenzana apelou, tamén, a que non se perda a calidade institucional nun contexto de tanta incerteza como o actual, onde o papel das administracións e gobernos, dixo, debe ser dar soporte á iniciativa empresarial, como está tratando de facer a Xunta. "A Administración -autonómica, estatal ou europea-, non pode ser o problema, ten que ser sempre a solución", aseverou.

A titular de Economía e Industria concluíu facendo un chamamento á cooperación e á colaboración institucional para que todas as rexións poidan competir "en igualdade de condicións" no escenario global.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/03/2025
936600 {"title":"A Xunta avoga polo impulso do Corredor Atlántico en Galicia con cifras e prazos concretos por ser clave para o desenvolvemento económico","published_date":"2025-03-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/164232-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"936600"} galicia C. de Economía e Industria; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-07/936600-xunta-avoga-polo-impulso-do-corredor-atlantico-galicia-cifras-e-prazos-concretos-ser-clave-desenvolvemento-economico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.