A Xunta destaca o papel das mulleres como motor do comercio de proximidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a tenda Emilio Iglesias na que mantivo un encontro con mulleres comerciantes e salientou o seu rol clave no desenvolvemento do sector comercial

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a tenda de moda Emilio Iglesias —establecemento adherido a última edición da iniciativa Bonos Activa Comercio— onde puxo en valor o papel feminino no retail e no comercio galego, compartindo experiencias con mulleres que levan anos adicadas a este sector.
Durante a visita, o director xeral subliñou que as mulleres non son só xeradoras de emprego e riqueza, senón que desempeñan un rol esencial na dinamización das vilas e cidades, contribuíndo a manter vivo o tecido social e económico a través do comercio de proximidade, un eido, remarcou, absolutamente prioritario para o Goberno galego. Así, Gabriel Alén destacou que, no marco do futuro Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, a Xunta de Galicia aposta por reforzar a competitividade do sector mediante accións centradas na formación, na profesionalización e na dinamización, aspectos fundamentais para garantir a adaptación ás novas tendencias de consumo.
Por outra banda, lembrou a ampla batería de medidas de apoio impulsadas polo Executivo autonómico como a orde para promover a dixitalización, a innovación e sustentabilidade do tecido comercial e artesanal que, cun orzamento de 3,9 millóns de euros, cobre actuacións nestas tres liñas de actuación —compatibles entre sí— e co prazo de solicitude aberto ata o 26 de marzo.