A Xunta salienta a excelente acollida das novas achegas para impulsar o sector comercial galego, que xa recibiron preto de 500 solicitudes en tres dias

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González pon en valor a nova orde de axudas que apoia a dixitalización, a modernización e a sustentabilidade de comercios e obradoiros artesanais, cun orzamento case 4M€ e que pode pedirse ata o próximo 26 de marzo
  • O conselleiro remarca que tanto Confitería Miguel, negocio histórico e exemplo de remuda xeracional, como AO Domini, adherido a Artesanía de Galicia, demostran a capacidade do tecido comercial galego para innovar e adaptarse aos novos tempos
  • Sinala que para blindar e afianzar este sector clave, tamén están abertas as axudas específicas para os centros comerciais abertos (2,5M€) co obxectivo de potenciar esta figura clave para a vertebración das vilas e cidades
  • A maiores, o Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova convocatoria para impulsar a rede de Mercados Excelentes (3,3M€), á que se suman achegas específicas como a consignación de 1M€ para cofinanciar as obras da praza de abastos nº1 de Ourense
  • Para seguir potenciando as actuacións a prol do sector impulsadas por Galicia con fondos propios —máis de 10,4M€ en 2024—, a Xunta reclama ao Goberno central acceder a recursos Next Generation que o Executivo ten reservados sen executar
Imagen del artículo A Xunta salienta a excelente acollida das novas achegas para impulsar o sector comercial galego, que xa recibiron preto de 500 solicitudes en tres dias
Ourense, 1 de marzo de 2025

O  conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá dous establecementos da cidade —Confitería Miguel e AO Domini— co obxectivo de visibilizar a riqueza e o dinamismo do tecido comercial e artesanal ourensáns e poñer en valor as axudas que está a impulsar a Xunta para garantir a competitividade desta área prioritaria para a economía e para a vertebración do territorio. Neste senso, o conselleiro salientou o éxito da convocatoria de apoios aberta actualmente —e deica o vindeiro 26 de marzo— que promove a dixitalización, modernización e sustentabilidade do sector, e que xa recibiu preto de 500 solicitudes desde o pasado mércores, data na que abriu o prazo.

Durante a xornada, José González destacou que ambos negocios, cada un no seu campo, son a mostra perfecta de como debe ser o futuro do comercio, no que tradición e innovación se dan man, apostando polas tecnoloxías e as novas tendencias do mercado pero sen perder a esencia das tendas de proximidade nin renunciar ao valor do artesanal.

Asi, AO Domini —proxecto persoal de Lila Méndez adherido ao selo Artesanía de Galicia— aposta pola alta calidade no eido do interiorismo e do téxtil, promovendo ademais a posta en valor do traballo feito a man, como exemplifica a presente exposición que acolle o establecemento con pezas de Aitor Martínez, finalista nos Premios Artesanía de Galicia 2024. Pola súa banda, Confitería Miguel —apoiada polo Goberno autonómico o pasado ano no marco das axudas ao sector— é un exemplo paradigmático de remuda xeracional ao longo do seu máis de medio século de traxectoria, destacando pola súa capacidade de adaptarse aos novos tempos e ás necesidades dos clientes.

Neste contexto, o conselleiro salientou que para seguir fortalecendo este sector clave, a Xunta ten abertas na actualidade varias vías de axudas. Entre elas destaca a referida convocatoria dotada con preto de 4M€ e que contempla tres liñas compatibles entre si, orientadas á dixitalización do punto de venda, á mellora da imaxe e eficiencia enerxética do local e, como novidade, ao uso de embalaxes sustentables.

A ela súmanse outros apoios como os 2,5M€ para impulsar as actividades dos centros comerciais abertos da Comunidade, reforzando a súa excelencia e a súa capacidade de dinamización das contornas nas que se integran, e que pode pedirse ata o 19 de marzo, así como accións para o impulso da rede de Mercados Excelentes a través da nova orde de 3,3M€ publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG). Este orzamento complétase con achegas específicas como a consignación de 1M€ para cofinanciar as obras da praza de abastos nº1 de Ourense.

Plan estratéxico de comercio

González destacou a prioridade da Xunta por avanzar en actuacións para incentivar o consumo e potenciar a actividade empresarial e comercial. Mostra deste esforzo é o o Plan estratéxico do comercio 2025-2030, que estará rematado no primeiro trimestre deste ano tras o proceso participativo desenvolvido nos últimos meses. Esta planificación incluirá tamén actuacións singulares como Vilas Vivas —un proxecto cuxo piloto se realizou o pasado Nadal en Ribadavia e que busca impulsar as cabeceiras de comarca a través de experiencias de comercio efémero— ou a reactivación dos Bonos Activa Comercio, con 5M€ orzamentados en 2025.

Co obxectivo de potenciar todas estas actuacións, financiadas exclusivamente con fondos propios —máis de 10,4 M€ en 2024—, o Executivo autonómico reitera a necesidade de sumar esforzos entre administracións, reclamando ao Estado que Galicia poida acceder a recursos Next Generation que o Goberno central reservou e que non está a executar.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/03/2025
930012 {"title":"A Xunta salienta a excelente acollida das novas achegas para impulsar o sector comercial galego, que xa recibiron preto de 500 solicitudes en tres dias","published_date":"2025-03-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/161753-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"930012"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-01/930012-xunta-salienta-excelente-acollida-das-novas-achegas-impulsar-sector-comercial-galego-xa-recibiron-preto-500-solicitudes-tres-dias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.