Rueda sinala que o reparto da débeda autonómica entre todos os españois suporá que cada galego deba pagar 220 euros máis
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Apunta a que coa mutualización os galegos pasarían a facerse cargo dunha parte da débeda acumulada por outras comunidades autónomas
- Lembra que a prioridade para Galicia é o financiamento autonómico e que a nosa comunidade conta con 127 M€ menos cada mes ao non actualizarse as cifras das entregas a conta por parte do Goberno central
- Destaca os avances dados pola Xunta no seu compromiso coa vivenda pública esta lexislatura
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, sinalou hoxe que o reparto da débeda autonómica entre todos os españois suporá que cada galego deba pagar 220 euros máis. Ademais, sinalou que a débeda mutualizada a Galicia "non desaparece", súmase á doutras Comunidades Autónomas e increméntase a que "pasa a ter cada galego".
Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta sinalou que a mutualización dos 4000 M€ de débeda autonómica non implica a transferencia directa deses recursos e que pasen a estar a disposición da Xunta de Galicia. Con esta medida, parte da débeda de todas as autonomías pasaría a estar asumida pola Administración Xeral do Estado, pero as comunidades non contarían con novos recursos e unicamente aforrarían o pago de parte dos xuros, que no caso de Galicia suporía 42 millóns de euros anuais.
Rueda lembrou que a prioridade de Galicia non é a mutualización dunha débeda que pode asumir, senón un financiamento autonómico que permita financiar os servizos públicos e garantir a súa calidade. Neste sentido, Rueda lembrou que cada mes o Goberno de España non actualiza as entregas a conta, Galicia ten "127 M€ menos", urxindo a poñer estas cifras ao día "canto antes".
Compromiso coa vivenda pública
Durante o debate, o presidente do Goberno galego tamén lembrou que a vivenda está a ser un "eixo de goberno nesta lexislatura" co compromiso de cumprir co obxectivo de "dobrar o parque público de vivenda", de 4000 a 8000.
Con este obxectivo, Rueda lembrou que a Xunta xa ten en marcha máis de 2000 vivendas, ten triplicado o orzamento dedicado a este fin, traballa en medidas específicas para axudar á xente moza a adquirir a súa primeira vivenda, colabora coa iniciativa privada e puxo en funcionamento a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.