A Xunta enxalza o papel de AJE Galicia e a colaboración con esta entidade na retención do talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas abertos Investigo (4,8 M€) e Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€) ou o de primeira experiencia profesional (6,3 M€), que se lanzará en próximas semanas
  • Salientou a estratexia global que desenvolve o Goberno galego para potenciar o emprendemento con medidas ás que neste exercicio destinará máis de 32 M€
  • Puxo en valor a contribución dos autónomos á economía galega e o apoio do Executivo galego a este colectivo cunha orde unificada de axudas de máis de 40 M€ para as que se implementou un chatbot de resolución de dúbidas
  • Mencionou distintas accións do Goberno autonómico para a atracción de talento interno como foráneo, entre elas feiras de emprego que se celebrarán na Arxentina (6 e 7 de marzo) e O Uruguai (10 de marzo) da man das empresas galegas
Imagen del artículo A Xunta enxalza o papel de AJE Galicia e a colaboración con esta entidade na retención do talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial
A Coruña, 13 de febreiro de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou no acto da XIV edición do Premio Joven Empresario/a e Iniciativa Emprendedora de AJE Galicia, onde destacou a colaboración da Xunta con AJE e o papel desta entidade na captación de talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial. Nesta liña, expuxo que se trata dun exemplo da colaboración público-privada pola que aposta a Xunta para facer fronte a estes retos e felicitou ás persoas candidatas e ás premiadas na gala de hoxe.

Parte desta colaboración, expuxo, reflíctese no convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade en materia de emprendemento, ao que se dará continuidade este ano para seguir contribuíndo a xerar sinerxías coa rede de polos de emprendemento, así como a desenvolver accións de asesoramento e mentorizacións para a creación de empresas. 

Durante o evento, no que tamén participou o presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo, e ao que tamén asistiron, entre outros, a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, o conselleiro tamén puxo en valor a aposta do Goberno galego a prol da empregabilidade da mocidade, tanto por conta propia como allea, con medidas ligadas ao territorio e enfocadas a reter o seu talento.

Entre elas, destacou a Estratexia Mocidade Activa dotada con 20M€ desde a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que inclúe apoios á contratación como os programas con prazo aberto para a presentación de solicitudes Investigo (4,8 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€), este último dentro do Galicia Emprega. Tamén se referiu ao de primeira experiencia profesional (6,3 M€), que se lanzará en vindeiras semanas.

No ámbito do emprendemento, puxo de relevo a estratexia global que desenvolve o Goberno galego con distintas medidas para potenciar a vocación emprendedora da comunidade ás que neste exercicio destinará máis de 32 M€. Ademais, engadiu que Galicia seguirá favorecendo as sinerxías entre as oficinas de emprego e a rede de polos para aproveitar o talento da mocidade, tanto por conta propia como por conta allea e seguir contribuíndo a un mercado laboral que, con 13.909 persoas, obtivo a cifra máis baixa de paro nos menores de 30 anos nun mes de xaneiro desde que hai rexistros

O titular de Emprego tamén puxo en valor a contribución dos autónomos á economía galega e o apoio da Xunta a este colectivo cunha orde única de máis de 40 M€ coas axudas específicas para a súa actividade e que se poden solicitar ata o 30 de setembro. Neste ámbito, salientou que a Xunta activou un chatbot para facilitar a resolución de dúbidas en tempo real en relación coa tramitación destas axudas.

Feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai

Ademais das distintas medidas para atraer talento dentro da comunidade, José González, salientou outras accións do Executivo galego para favorecer en paralelo a atracción de talento no exterior, a través do retorno de galegos da diáspora e traballadores de 3ºpaíses, sempre dun xeito ordenado e da man das empresas. Nesta liña, e ao abeiro do plan de captación de talento implementado este ano pola Xunta, o conselleiro lembrou que se celebrarán feiras de emprego na Arxentina, o 6 e 7 de marzo, e no Uruguai, o 10 de marzo, da man de clústeres e empresas galegas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/02/2025
903878 {"title":"A Xunta enxalza o papel de AJE Galicia e a colaboración con esta entidade na retención do talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial","published_date":"2025-02-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"903878"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-13/903878-xunta-enxalza-papel-aje-galicia-e-colaboracion-entidade-na-retencion-do-talento-mozo-e-pulo-remuda-xeracional-do-tecido-empresarial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.