A Xunta presenta no Salnés a guía para a detección de vítimas de violencia de xénero nas empresas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse cunha trintena de firmas para explicar as principais liñas do documento elaborado pola Xunta

Cambados (Pontevedra), 13 de febreiro de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, presentou esta mañá na sede da Mancomunidade do Salnés a guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa. Nunha reunión cunha trintena de empresas da comarca, explicáronse as principais liñas deste documento elaborado pola Xunta e que busca apoiar tanto ao tecido produtivo como aos traballadores na prevención e erradicación deste tipo de violencias.
A guía dá resposta á Directiva comunitaria que recolle que as persoas con funcións de supervisión no lugar de traballo, tanto no sector público como no privado, deben recibir formación sobre os efectos da violencia contra as mulleres e a violencia doméstica no traballo e sobre o risco de violencia exercida por terceiros.
O documento ofrece indicación de como actuar fronte á violencia de xénero no ámbito laboral, o papel das empresas e dos traballadores na loita contra a violencia de xénero e a actuación fronte á violencia de xénero no ámbito laboral.
O director xeral destacou que se trata "dun instrumento de vital importancia para poder detectar de forma temperá e precoz a existencia de posibles malos tratos" e explicou que é no ámbito laboral onde as mulleres pasan máis tempo e alí poden verse indicios de que as súas parellas as maltratan.