A Xunta impulsa a avaliación da eficacia e impacto das súas políticas activas de emprego a través dun convenio pioneiro coa Universidade de Santiago

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González pon en valor que a firma deste marco colaborativo supón dar un paso fundamental na fiscalización independente e autónoma das medidas promovidas polo Goberno galego neste eido, analizando e contribuíndo a mellorar a súa eficiencia
  • A USC encargarase da investigación aplicada, do deseño do marco metodolóxico e da elección das ferramentas máis axeitadas para este cometido, así como da súa aplicación nos diferentes informes e estudos para medir o impacto e seguimento
  • González destaca a aposta da Xunta por políticas sólidas, transparentes e nacidas no diálogo social fronte á falta de compromiso do Goberno central coa negociación colectiva e coa análise do impacto en asuntos como a redución da xornada
  • Para seguir potenciando o mercado laboral galego, o conselleiro lembrou as demandas realizadas ao Executivo relacionadas coa flexibilización dos fondos de formación ou a cesión das competencias na homologación de títulos estranxeiros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, participou hoxe no acto de sinatura do convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) —representada polo seu reitor, Antonio López— a través do cal se promoverá a realización de estudos de avaliación da eficacia das políticas activas de emprego e formación impulsadas polo Goberno galego.

En virtude deste acordo pioneiro, EconLab Galicia, con sede no Departamento de Economía Aplicada da USC, encargarase da investigación aplicada, do deseño do marco metodolóxico e da elección das ferramentas máis axeitadas para este cometido, así como da súa posterior aplicación nos diferentes informes que se establezan relacionados co impacto e seguimento destas actuacións, o que permitirá medir a súa efectividade e mellorar a planificación futura, asegurando que sexan cada vez máis efectivas e adaptadas ás necesidades e retos do mercado laboral.

José González puxo en valor que a firma deste marco colaborativo supón dar un paso fundamental na fiscalización independente, autónoma e rigorosa das medidas promovidas neste eido —analizando e contribuíndo a mellorar a súa eficiencia— no marco do compromiso da Xunta co impulso de políticas sólidas, eficaces, transparentes e fiables. Unha cuestión, sinalou, central para robuster as institucións públicas.

Ademais, o conselleiro sinalou a importancia de contar co coñecemento de profesionais cualificados e especializados en economía pública e de xerar instrumentos de análise que permitan afondar nos resultados obtidos en materia de emprego para seguir avanzando  no fortalecemento do mercado laboral galego, que vén de rexistrar a cifra de paro máis baixa nun mes de xaneiro de toda a serie histórica, con 121.320 persoas, así como cun nivel de cotizantes de 1.067.089 persoas, o mellor dato nun xaneiro desde hai 16 anos.

Demandas ao Goberno central

O conselleiro de Emprego fixo fincapé tamén en que o convenio asinado hoxe permitirá avaliar a implementación de medidas estratéxicas que ten en marcha a Xunta no marco das súas competencias en materia de emprego, entre as que destacan a modernización do Servizo Público de Emprego, a aposta estratéxica por flexibilizar a formación en liña coas necesidades das empresas ou o apoio ao labor fundamental do tecido autónomo, actuacións todas elas, indicou, nacidas no seo do Diálogo Social cos principais axentes socioeconómicos da Comunidade.

A este respecto, indicou a falta deste compromiso coa negoción colectiva que está a demostrar o Goberno central en temas de gran calado como a redución da xornada laboral ou a suba do salario mínimo, impoñendo acordos que non contan nin coa análise dos seus impactos reais nin co consenso necesario para a súa posta en marcha. Así, destacou que a colaboración coa Universidade de Santiago demostra que hai outra forma de facer política de emprego, apostando polos datos, pola análise e pola planificación estratéxica. Así mesmo, demandou de novo colaboración ao Executivo nos asuntos que son da súa competencia para poder potenciar as medidas que impulsa a Xunta en materia de emprego, en eidos como a flexibilización dos fondos de formación, a cesión das competencias na homologación de títulos estranxeiros ou a consideración das microformacións como vía de arraigo para os estranxeiros en situación irregular.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/02/2025
902333 {"title":"A Xunta impulsa a avaliación da eficacia e impacto das súas políticas activas de emprego a través dun convenio pioneiro coa Universidade de Santiago","published_date":"2025-02-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/157081-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"902333"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-13/902333-xunta-impulsa-avaliacion-da-eficacia-e-impacto-das-suas-politicas-activas-emprego-traves-dun-convenio-pioneiro-coa-universidade-santiago https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.