Miguel Corgos pondera a estabilidade institucional, económica e xurídica de Galicia como atractivo para os mercados
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destacou o 'Estilo Galicia' como referente de estabilidade fronte ás actuais incertezas do mercado global e nacional
- Na clausura do Finance Date, o conselleiro de Facenda e Administración Pública indicou que o Goberno galego quere axudar ás empresas a ser cada vez máis competitivas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de febreiro 2025
Miguel Corgos ponderou hoxe a estabilidade institucional, económica e xurídica de Galicia como atractivo para os mercados, caracterizados neste momento pola súa complexidade e grao de incerteza. O conselleiro de Facenda e Administración Pública reflexionou sobre os retos da función financeira no escenario actual durante a clausura do Finance Date Galicia, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD).
O responsable da Facenda galega explicou que os mercados mundiais comezan o ano 2025 pendentes das tensións xeopolíticas e a posible recuperación dos prezos da enerxía, mentres que España afronta, ademais, unha crecente presión fiscal, unha elevada débeda pública e o risco derivado de non contar con orzamentos.
Ante esta situación, o 'Estilo Galicia' achega certezas e seguridade, de xeito que a Comunidade galega ofrece garantías ás empresas para investir, ademais de contar cun modelo de crecemento baseado na competitividade exterior, que equilibra a evolución do consumo público e privado e o investimento. Galicia ten, ademais, un sistema fiscal competitivo que se complementa co reforzo dos servizos públicos.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública desvelou que a estratexia de Galicia é manter a prudencia nos momentos expansivos da economía para contar con reservas fiscais nos momentos de crise. O éxito deste modelo queda reflectido no avance do peche do exercicio de 2024, cun superávit do 0,2% e cun esforzo investidor do 16,5% do gasto no financeiro, ata os 2.180 millóns de euros, unha das cifras máis altas da historia. Esta estabilidade, abundou Corgos, permite desenvolver unha xestión financeira responsable que logrou reducir o déficit e a débeda galegas.
Miguel Corgos lembrou que a prioridade do Goberno galego para este ano é facilitar o acceso á vivenda, en especial á xuventude, para o que se aprobou un paquete de medidas que fan máis doada tanto a compra como o aluguer.
Ademais, o Goberno galego quere ser un aliado das empresas e axudarlles a ser cada vez máis competitivas, co reforzo da innovación e da capacidade de atraer e reter talento, e tamén apostando pola dixitalización, simplificación e axilización de trámites administrativos.