A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos e as entidades sociais soliciten axudas para os seus programas de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de conciliación corresponsable

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A primeira orde de subvencións, de 12,2 M€ e dirixida aos concellos, agrupa tres liñas de achegas: as de conciliación corresponsable no ámbito local, as de promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero e as do programa de apoio aos CIM
  • A segunda, de 2,2 M€, financiará iniciativas de entidades sociais para a atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, a conciliación e a corresponsabilidade entre mulleres e homes
Imagen del artículo A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos e as entidades sociais soliciten axudas para os seus programas de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de conciliación corresponsable
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2025

A Xunta abre mañá o prazo, e durante un mes, para que concellos e entidades sociais sen ánimo de lucro se acollan ás axudas para a promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero, a conciliación corresponsable e para os Centros Municipais de Información á Muller (CIM). O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica estas achegas, que se regulan por medio de dúas convocatorias que suman no seu conxunto case 15 millóns de euros.

A primeira destas ordes de subvencións está dirixida aos concellos e ten un orzamento de 12,2 millóns de euros, o que supón un incremento de máis dun 10% con respecto ás axudas do ano pasado. Esta convocatoria agrupa tres liñas de achegas: as de conciliación corresponsable, as de promoción da igualdade de xénero e prevención e tratamento da violencia de xénero e as de apoio aos CIM.

En concreto, a liña de conciliación correponsable no marco do Plan Corresponsables no ámbito local destínanse 6,5 millóns de euros para apoiar aos concellos nas actividades que leven durante todo o ano para fomentar a conciliación das familias, poñendo o foco na corresponsabilidade entre mulleres e homes. A través destas achegas, a Xunta financia servizos e actividades de conciliación das entidades locais dirixidas a familias con nenas e nenos ata os 16 anos de idade, así como servizo de madrugadores. Tamén se apoian accións de formación e sensibilización da sociedade en materia de corresponsabilidade e coidados.

Reforzo dos CIM

Tamén destinada aos concellos e nesa mesma convocatoria está a orde de 5 millóns de euros para financiar os gastos de persoal dos 84 CIM que existen en Galicia, cun incremento do 12% con respecto ao ano 2024. Deste xeito, a Xunta apoia estes servizos de atención integral, de información e asesoramento ás mulleres nos que traballan máis de 200 profesionais.

Neste programa de axudas, as contías máximas que poderá recibir un concello cando a solicitude sexa individual increméntase nun 15,5%, pasando dos 45.000 euros da anterior convocatoria aos 52.000 da actual. Así mesmo, no caso de concellos con xestión compartida do CIM, a axuda máxima será de 120.000 euros. Esta é unha das melloras desta orde de axudas que se une ao Plan integral de actuación para a renovación e impulso do CIM de Galicia que xa está en marcha.

E o terceiro eixo desta liña de achegas para concellos contempla 650.000 euros para programas da promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, que tamén se reforza cun incremento orzamentario do 30%. Neste caso, as axudas máximas son de 28.000 euros para iniciativas de máis dun concello e de 15.000 paras que desenvolva un único concello.

A Xunta adiantará aos concellos un 80% da contía dos apoios para estes programas co fin de garantir que teñan a liquidez necesaria para levalos a cabo.

Mulleres en situación de vulnerabilidade

A outra convocatoria neste ámbito que recolle hoxe o DOG está pensada para entidades sociais ánimo de lucro. O seu orzamento é de 2,2 millóns de euros e inclúe dúas liñas de axudas: unha para programas de atención a mulleres de especial vulnerabilidade cun orzamento de 1,9 millóns de euros.

As beneficiarias destas iniciativas que realicen as entidades sociais serán vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual, laboral ou trata, inmigrantes, refuxiadas ou reclusas. Con esta orde, a Xunta apoia programas para unha atención integral personalizada, tanto psicolóxica como en materia de asesoramento xurídico ou na adquisición de competencias para a mellora da empregabilidade.

E o segunda liña desta convocatoria é para o fomento da conciliación e da corresponsabilidade entre mulleres e homes. Neste caso destínanse 300.000 euros para actuacións de entidades sociais que estean orientadas a facilitar a conciliación das familias galegas con menores a cargo de ata os 16 anos de idade. Con estes fondos, a Xunta sufragará a posta en marcha de servizos de conciliación e  plan de sensibilización en corresponsabilidade.

Nestes dous programas as axudas máximas por entidade son de 40.000 euros e se poderán anticipar ata o 90% das axudas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/02/2025
894465 {"title":"A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos e as entidades sociais soliciten axudas para os seus programas de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de conciliación corresponsable","published_date":"2025-02-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"894465"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-06/894465-xunta-abre-mana-prazo-os-concellos-e-as-entidades-sociais-soliciten-axudas-os-seus-programas-igualdade-prevencion-da-violencia-xenero-e-conciliacion-corresponsable https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.