A Xunta destaca que a condonación da débeda das CC.AA. incrementaría en 470€ a débeda por habitante en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se reparte entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas
- Lembrou que a condonación tampouco daría ás comunidades unha maior capacidade de gasto, ao non permitir utilizar o importe para incrementar políticas de gasto
- Afirmou que o prioritario para Galicia é negociar un modelo de financiamento que teña en conta variables como a dispersión e o avellentamento
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de febreiro 2025
O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, destacou hoxe no Parlamento que a condonación da débeda das comunidades sería "un mal negocio para Galicia", ao incrementar en 470 euros a débeda por habitante.
En resposta a unha pregunta oral, David Cabañó incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se redistribúe entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas. Así, no caso de Galicia, cada galego deixaría de asumir 896 euros de débeda galega e pasaría a ter que asumir 1.366 euros de débeda do conxunto das CC.AA.
Así mesmo, lembrou que a condonación tampouco daría ás comunidades unha maior capacidade de gasto, ao non permitir utilizar o importe para incrementar políticas de gasto. "É dicir, non é certo que se poida dedicar o importe da quita a sanidade, a educación ou a dependencia. Unicamente se deixaría de pagar unha cantidade de xuros que tería que pagar o Estado e que, polo tanto, tería que detraer doutras políticas de gasto nos orzamentos de cada ano", explicou, facendo fincapé en que só as comunidades máis endebedadas sairían beneficiadas.
Diante deste panorama, o secretario xeral Técnico e do Tesouro afirmou que o prioritario para Galicia é negociar un modelo de financiamento que teña en conta aquelas variables que determinan que o custe de prestar os servizos en Galicia é superior que noutros territorios. "A diferencia da condonación da débeda, a mellora do sistema de financiamento si nos permite ter unha maior capacidade de gasto e si nos permite mellorar a prestación dos servizos", incidiu.
Nesta liña, concluíu recordando que o Acordo adoptado no Parlamento de Galicia en 2023 non pon nada de que se estea a favor dunha quita de débeda, senón que "pon o foco no importante", en que se aborde a reforma ponderando o custe que supón a dispersión e o avellentamento, nun modelo xusto de financiamento da Administración Local e que se trate a todas as comunidades por igual, sen que se produzan agravios.