Galicia comeza 2025 coa cifra de paro máis baixa desde que hai rexistros e con 1.067.089 persoas afiliadas á seguridade social, o mellor xaneiro desde hai 16 anos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A comunidade suma a 46ª caída interanual do paro consecutiva e a cifra de desempregados (121.320) —o mellor xaneiro desde 1996— sitúaa como a 4ª CCAA con maior porcentaxe de caída no último ano, máis dun punto por riba da media española
  • O paro diminuíu no último ano nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e entre os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración, neste último caso coa cifra máis baixa desde novembro de 2008
  • As actividades económicas nas que máis están a descender as cifras de desemprego son o sector primario, a construción e a industria
  • Tocante ás contratacións, a modalidade indefinida increméntase en máis de dez puntos por riba da media estatal
Imagen del artículo Galicia comeza 2025 coa cifra de paro máis baixa desde que hai rexistros e con 1.067.089 persoas afiliadas á seguridade social, o mellor xaneiro desde hai 16 anos
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025

Galicia comeza 2025 con 121.320 persoas no paro, a cifra máis baixa nun mes de xaneiro desde que hai rexistros (1996), e acumula 16.559 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con xaneiro de 2024, acadando, con 1.067.089 cotizantes, o mellor dato neste mes desde hai 16 anos. O dato de persoas desempregadas sitúanos ademais como a cuarta Comunidade con maior porcentaxe de caída no último ano, máis dun punto por riba da media española. Así o destacou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, durante a valoración dos datos de paro e de afiliacións do pasado mes de xaneiro.

En relación coa comparativa interanual, José González salientou que o desemprego cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. Así, a cifra de desempregados con menos de 30 anos (13.909) é a de mulleres (70.083) son as máis baixas nun xaneiro de toda a serie histórica (desde 2005). Canto ao dato de parados de longa duración (59.604), cae un -7,04 % con respecto a hai un ano, mellorando o dato de novembro de 2008. 

Xaneiro reflicte, así mesmo, que Galicia segue afianzando o seu mercado laboral pivotando sobre sectores estratéxicos clave. As actividades económicas nas que máis está a descender o paro, de xeito sostido no tempo, son o sector primario, a construción e a industria, na mesma liña dos datos que tamén reflicte a última enquisa da EPA publicada hai uns días. Tamén destacan outros eidos que está a ser xeradores de emprego, como a educación, as actividades sanitarias ou a hostalaría.

Canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego salientou que Galicia pechou o mellor mes de xaneiro desde 2009, acadando os 1.067.089 cotizantes que supoñen un aumento con respecto a hai un ano dun 1,58 % (16.559 novas afiliacións).

Sobre a contratación, o conselleiro sinalou que aínda que descende lixeiramente canto ao mes de decembro —un comportamento habitual neste mes do ano debido á finalización da campaña de Nadal— aumentan nun 26,49 % as contratacións indefinidas, máis de dez puntos por riba da media estatal.

Atendendo á evolución dos datos, o conselleiro concluíu que esta tendencia positiva reflicte que Galicia medra a un ritmo conxunto, sen deixar a ningún colectivo atrás e dando resposta ás necesidades que hoxe ten o tecido produtivo, diversificando ás áreas e xeración de emprego. Nesta liña, comprometeu o traballo da Xunta da man do empresariado e tecido produtivo galego de cara a seguir avanzando nun mercado laboral dinámico, inclusivo e de máxima calidade. 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/02/2025
891361 {"title":"Galicia comeza 2025 coa cifra de paro máis baixa desde que hai rexistros e con 1.067.089 persoas afiliadas á seguridade social, o mellor xaneiro desde hai 16 anos","published_date":"2025-02-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"891361"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-02-04/891361-galicia-comeza-2025-coa-cifra-paro-mais-baixa-hai-rexistros-e-1-067-089-persoas-afiliadas-seguridade-social-mellor-xaneiro-hai-16-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.