A Xunta promociona en Madrid fusión os produtos galegos de calidade diferenciada da terra e do mar

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • As consellerías do Mar e do Medio Rural dispoñen neste foro dun espazo de 480 metros cadrados para a promoción do potencial gastronómico e alimentario de Galicia
  • Un total de 19 empresas coexpositoras teñen cabida no espazo galego e haberá un completo programa con 14 showcookings, degustacións e presentacións de produtos galegos con calidade diferenciada da terra e o mar
  • A despensa galega estará esta noite na gala na sede da Presidencia da Comunidade de Madrid, coa asistencia dunhas 450 persoas, entre elas o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte
Imagen del artículo A Xunta promociona en Madrid fusión os produtos galegos de calidade diferenciada da terra e do mar
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, apoia hoxe coa súa presenza a promoción dos produtos alimentarios de calidade diferenciada da nosa comunidade no marco 23ª edición de Madrid Fusión-Alimentos de España, un dos eventos gastronómicos máis importantes do mundo dedicado aos profesionais deste sector e que se celebra na capital de España dende hoxe e ata o próximo mércores.

A Xunta, por medio das consellerías do Mar e do Medio Rural, conta cun espazo de 480 metros cadrados para a promoción do potencial gastronómico e alimentario de Galicia, no que están representados 10 coexpositores de Medio Rural e nove de Mar. Ademais, na aula de catas compartida levarase a cabo un completo programa cun total de 14 showcookings, degustacións e presentacións de produtos galegos con calidade diferenciada da terra e o mar.

Gala con presenza da despensa galega

Esta noite haberá unha gala de Madrid Fusión 2025 na real Casa de Correos, sede da Presidencia da Comunidade de Madrid, cunha asistencia aproximada de 450 persoas, entre elas o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o propio director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Neste evento Galicia contará cunha mesa de degustación de produtos galegos de calidade diferenciada elaborados por un chef de prestixio elixido pola organización.

Mañá martes, ás 14:30 horas, no espazo Wine Edition de Madrid Fusión levarase a cabo unha cata de diferentes viños tintos galegos, entre eles os premiados na Cata dos Viños de Galicia 2024, que será conducida polo Master of Wine Fernando Mora, acompañado polo sumiller galego Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy. Realizarase un percorrido vitivinícola polas denominacións de orixe galegas para dar a coñecer os tesouros que se crean coas variedades tintas galegas a un auditorio de 50 profesionais do sector, e estará maridado con elaboracións culinarias de produtos galegos. Terán un papel protagonista os tintos da denominación de orixe Ribeira Sacra, como parte do plan de reforzo da promoción deste produto que impulsa a Consellería do Medio Rural en colaboración co consello regulador.

Concurso de empanadas

Ademais, a Xunta puxo en marcha o  primeiro concurso  da "mellor empanada de Madrid Fusión by Galicia" promovido polas dúas consellerías e que seleccionará a mellor receita deste produto elaborada con ingredientes de calidade diferenciada do medio rural e do mar de Galicia. Trátase dun concurso a nivel nacional e os participantes tiñan que elaborar a empanada con produtos galegos do mar e da terra segundo listado publicado nas bases do concurso. Son seis as receitas seleccionadas na fase final do concurso que se levará a cabo na Aula Polivalente de Madrid Fusión o mércores 29 as 13:20 h.

En concreto, as finalistas son a propietaria e chef do Hotel restaurante Rías Altas, de Barreiros (Lugo), pola súa receita de empanada de grelos con chourizo e touciño de porco celta; o chef do restaurante Tabalu food&tech, de Vigo, pola súa empanada de fariña de castaña, recheo de polbo, queixo San Simón da Costa e toque de pementón; o chef do restaurante La Empanada Viajera da Coruña, pola súa receita de empanada de polbo e grelos; o chef do restaurante Il Bocconcino by Royal Hideaway, de Tenerife, pola súa empanada de ameixas á mariñeira con leituga de mar e alga codium; o chef do restaurante Mai e Matucha, de Madrid, pola súa preparación de empanada de cocido galego e o cociñeiro de San Isidro Bakery, de Bergondo (A Coruña), pola súa empanada "ledicia" (dúas capas de masa crocante con recheo de cebola doce, berberechos, alga wakame en copos e touciño de porco celta).

Empresas coexpositoras

A relación de empresas coexpositoras da Consellería do Medio Rural en Madrid Fusión é a seguinte:

 

CIENPORCEL SL

BODEGAS  CASTELLUM AUGUSTI, SL

CUEVAS Y CIA SA

FIABLONE, SL

AVILUGO SRL

QUEINAGA

BODEGA LAGAR DA CACHADA, SL

BODEGA GIL ARMADA S.L.

ADEGA CONDES DE ALBAREI SAU

AGROCEBOLA SL

 

As empresas coexpositoras da Consellería do Mar son:

 

RECIÉN PESCADO SL
ANFACO-CECOPESCA
ARTESA RIAS BAIXAS SL
EL PERCEBEIRO SL
CONSERVAS ARTESANAS GALLEGAS SL

MI PESCADO EN TU MESA SL

BACALAO OUTÓN SL
COFRADÍA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL
HQ SEAWED SL
Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/01/2025
880960 {"title":"A Xunta promociona en Madrid fusión os produtos galegos de calidade diferenciada da terra e do mar","published_date":"2025-01-27","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"880960"} galicia C. do Medio Rural; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-27/880960-xunta-promociona-madrid-fusion-os-produtos-galegos-calidade-diferenciada-da-terra-e-do-mar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.