A Xunta informa a AJE Lugo de 21 liñas de axudas xa convocadas que suman 215 M€ para apoiar a actividade de pemes e autónomos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unificou cinco liñas específicas para autónomos coa finalidade de axilizar a tramitación e avanzar na simplificación administrativa
  • Na primeira quincena de xaneiro tamén se convocaron a maior parte dos programas xestionados polo Igape, para facilitar que o tecido empresarial coñeza con antelación os apoios públicos dos que vai dispoñer

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 20 de xaneiro 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe co presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo, José Luis Celeiro, para informalo sobre as axudas para autónomos e pemes publicadas nos últimos días no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Segundo explicou o delegado, no que vai de xaneiro convocáronse 21 programas de dúas Consellerías que suman preto de 215 M€ para apoiar a actividade dos autónomos e das pequenas e medianas empresas galegas.

Por unha banda, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou o pasado venres no DOG unha orde por valor total de 40,7 M€ que unifica cinco liñas específicas para o colectivo de autónomos coa finalidade de axilizar a tramitación e avanzar na simplificación administrativa.

Nesa convocatoria inclúense os incentivos para o inicio da actividade —programa de promoción do emprego autónomo e da cota cero -; o Bono Autónomo, para consolidar un negocio e mellorar a súa competitividade; o Bono Remuda, para fomentar o relevo xeracional; os apoios á conciliación e o Bono Nova Oportunidade, para aquelas persoas que cesaron na actividade e van volver a emprender. A maiores, o venres tamén saíu publicada unha orde da mesma Consellería que destina 1,35 M€ a favorecer a contratación indefinida por parte dos autónomos. As axudas incluídas nestas seis liñas  poderán solicitarse a partir do próximo venres, 24 de xaneiro.

Programas xestionados polo Igape

Pola súa banda, a Consellería de Economía e Industria publicou por primeira vez na primeira quincena da xaneiro a maior parte das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para pemes e autónomos, co obxectivo de facilitarlles que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer os apoios públicos dos que van dispoñer.

Arias explicou que son en total 15 liñas de axudas que suman 172,6 M€, que saíron publicadas nos DOGs dos días 13 e 14 de xaneiro e que poden solicitarse a partir de mañá, nalgúns casos, e nos restantes a partir do mércores. O obxectivo é promover a competitividade, a innovación e o financiamento das pemes e autónomos.

As liñas xestionadas polo Igape divídense en tres bloques. Por un lado están as relativas ao financiamento, que engloban as de acceso ao crédito, os préstamos directos; os préstamos para grandes empresas e as novacións das débedas co Igape.

No bloque de competitividade, destacan polo seu importe as axudas para a atracción de empresas; os apoios a startups; os de obradoiros multidisciplinares para pemes; os destinados a equipamento e investimentos xerais; os de transformación dixital; os apoios aos clústeres; o programa ReAcciona para capacitar ás pemes ante os novos retos do mercado; e a liña para os provedores da automoción. 

Por último, foméntase a innovación con varias medidas de apoio, entre elas a liña para a implantación da Intelixencia Artificial, que sae por primeira vez.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/01/2025
871681 {"title":"A Xunta informa a AJE Lugo de 21 liñas de axudas xa convocadas que suman 215 M€ para apoiar a actividade de pemes e autónomos","published_date":"2025-01-20","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/149626-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"871681"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-20/871681-xunta-informa-aje-lugo-21-linas-axudas-xa-convocadas-suman-215-m-apoiar-actividade-pemes-e-autonomos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.