A Xunta destaca o papel das novas narrativas culturais na construción dunha Galicia máis igualitaria
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- María Quintiana felicita e pon en valor o traballo do equipo de Nova Galega de Danza para poñer ás mulleres no centro e visibilizar o importante papel que teñen na historia de Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 18 de xaneiro de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiu ao espectáculo Berro de Nova Galega de Danza, coproducida coa Xunta de Galicia. Esta representación forma parte da programación desta fin de semana polo 150 aniversario da compañía, que leva ao Teatro Colón as súas pezas máis laureadas e recentes, como son Leira, Berro e Dique.
María Quintiana destaca a importancia das novas narrativas culturais para cambiar a mirada e así construír sociedades máis igualitarias. Neste sentido, a directora xeral pon o valor o traballo de todo o equipo da compañía galega para poñer ás mulleres no centro, amosando o papel clave que tivemos na historia de Galicia. Así, destaca a súa capacidade para facelo unindo a tradición e ás raíces da nosa terra, o empoderamento feminino.
No caso de Berro, trátase dun espectáculo que busca afondar nas raíces persoais para entender no contexto social que nos rodea. En definitiva, unha peza que dá visibilidade a diferentes realidades persoais e que convida ás persoas asistentes a reflexionar.
A directora xeral fixo fincapé na colaboración o pasado ano do departamento de Igualdade da Xunta de Galicia coa agrupación de Nova Danza Galega e así poder levar o espectáculo Dique ao propio Dique da Campá de Ferrol. Quintiana destacou como un agasallo poder contribuír a que 'as estibadoras' puideran volver ao propio dique que tamén construíran elas, darlle visibilidade ao traballo de todas esas mulleres na que foi a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España.
As novas narrativas culturais para o cambio social
Nos últimos meses foron varias as colaboracións levadas a cabo en clave de igualdade co sector cultural como ferramenta do cambio social. Así, púxose a disposición dos centros educativos a unidade didáctica da curtametraxe Eu vou comigo dirixida por Chelo Loureiro e orientada ao público infantil para traballar a autoestima das nenas e a prevención da violencia de xénero desde idades temperás.
O teatro foi outra das colaboracións, co apoio e a representación da peza As formas do Amor, de Verdeveras Expresións Artísticas, que fomenta relacións amorosas sas e baseadas no botrato e nas masculinidades igualitarias. Ademais, tamén se colaborou coa produtora Matriuska para poñer a disposición dos CIM e dos concellos galegos unha unidade didáctica do fime Matria, para que poidan crear espazos de análise e reflexión logo de visionado da película que axuden a detectar casos de violencia de xénero.