A Xunta apoia as exposicións caninas que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 17 de xaneiro de 2025
A Xunta apoia as mostras que organiza esta fin de semana a Sociedade Canina Galega no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O recinto albergará dende mañá ata o domingo a 111 e 112 Exposición Nacional Canina, así como a 50 Exposición Internacional Canina. As actividades incluirán probas de Agility selectivas para o Campionato do Mundo.
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, participou hoxe na presentación das mostras xunto cos promotores e representantes doutras institucións e entidades implicadas e valorou o "enorme poder de atractivo desta exposición, tanto para os lucenses como para o público foráneo, que quedou máis que constatado nos últimos anos". Salientou ademais o papel que xogan encontros coma este "que teñen un evidente impacto positivo na economía local e que contribúen a ampliar a proxección da imaxe de Lugo como destino de eventos diversificados".