A Xunta destina máis de tres millóns de euros á rede de casas niño do rural, que ofrece un servizo gratuíto a máis de 500 familias
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As achegas para o funcionamento destes recursos para este ano increméntanse un 5 % con respecto a anos anteriores
- Inclúese ademais unha partida de 1.500 euros adicionais para a renovación de equipamentos ou mellora das instalacións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Castroverde (Lugo), 17 de xaneiro de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as tres casas niño do concello de Castroverde. Durante o encontro coas promotoras destacou que a Xunta de Galicia destina para este 2025 unha partida de tres millóns de euros para o funcionamento destes recursos que atenden a máis de 500 familias do rural.
A nova orde de axudas para a consolidación das casas niño conta cun incremento do 5% con respecto a anos anteriores. O obxectivo deste aumento é axudar ás promotoras a facer fronte ao aumento de gastos derivados da suba de prezos ou do incremento das pólizas de seguros. Ademais, este ano inclúese unha partida adicional de 1.500 euros para o cambio de equipamentos ou a mellora das instalacións.
Nestes momentos, Galicia conta con máis de 100 casas niño que ofrecen máis de 500 prazas de atención gratuítas para menores de 0 a 3 anos. Este servizo ofrece unha atención integral e específica para a primeira etapa de vida dos cativos. O obxectivo da Xunta é seguir dando continuidade a estes recursos para responder ás necesidades de conciliación familiar nos concellos máis rurais de Galicia.