A Xunta participa en Lalín na entrega de premios do certame de escaparates de Aldeas de Nadal e destaca o éxito desta iniciativa a prol do comercio local
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Este concurso, apoiado polo Goberno galego, contou coa participación de 31 comercios e complementouse coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lalín (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na entrega de premios do primeiro concurso de escaparates de Aldeas de Nadal que o Concello de Lalín desenvolve en colaboración do Centro Comercial Aberto de Lalín e co apoio da Xunta de Galicia. As propostas gañadoras deste certame, que se desenvolveu entre o 13 de decembro e 5 de xaneiro, foron a da tenda María Pájaro coa historia O quebranoces e o Rei dos ratos e a de Fotografía Bernabé co conto de Pinocho, que acadaron o primeiro e o segundo premio respectivamente ao tratarse dos escaparates máis votados polos veciños e visitantes.
A tenda gañadora do primeiro premio recibe 500 euros e ademais Aldeas de Nadal faralle o escaparate do ano que vén e o segundo premio está dotado con 500 euros. Ademais, as propostas Teleseita, Clochett e El vestidor de Chloé recibiron mencións por ser as que sumaron máis puntos tras as gañadoras.
O director xeral puxo en valor o éxito desta iniciativa desenvolvida nas datas de Nadal, na que participaron 31 comercios de Lalín e que se complementou coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas. A maiores, lembrou que ao tecido comercial participante se impartiu un curso gratuíto sobre escaparatismo artístico e sustentable e subliñou que este tipo de accións contribúen a estimular as vendas do comercio local.
No acto tamén estiveron representantes dos establecementos recoñecidos, a tenente alcalde, Paz Pérez; as concelleiras de Aldeas de Nadal, Karen Fernández e de Comercio, Beatriz Canda; a secretaria técnica da Asociación de Empresarios do Deza, Chus García e o director artístico das Aldeas de Nadal, Luchi Iglesias.