Fabiola García subliña que Fornelos de Montes contará cun fogar residencial para maiores grazas a un investimento da Xunta de máis dun millón de euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Executivo galego financia a totalidade das obras para converter as antigas escolas unitarias neste recurso municipal de atención de doce prazas
- Este proxecto está financiado a través do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros do que se benefician unha vintena de iniciativas en Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Fornelos de Montes (Pontevedra), 9 de xaneiro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou as instalacións onde se situará o futuro fogar residencial de Fornelos de Montes, de titularidade municipal. O proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e conta cunha partida orzamentaria de máis dun millón de euros.
A conselleira sinalou que este proxecto é unha mostra máis do modelo de coidados centrado na proximidade que impulsa a Xunta. Así, destacou que "o futuro fogar residencial contará con doce prazas de atención a maiores" e recalcou que "o 25% delas estarán reservada para grandes dependentes".
Así mesmo, fixo fincapé en que o Executivo galego financiará con fondos europeos o 100% das obras que permitirán reformar as antigas vivendas dos mestres da escola local, para convertelas neste centro residencial. O orzamento forma parte do Plan de investimentos de 18,5 millóns de euros co que a Xunta financia máis dunha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de centros de día ou residenciais.
Fabiola García lembrou que o Plan de Investimentos acordado hai máis de dous anos coa Fegamp para seguir ampliando a rede pública autonómica de coidados. Así, sinalou que se trata dun exemplo de colaboración entre administracións que permite crear 500 novas prazas públicas de residencias e 150 de atención diúrna.
Nesta liña, a conselleira fixo fincapé en que o Plan de Investimentos segue reforzando paso a paso, a rede pública de coidados da Xunta e destacou que desde o ano 2009 se triplicou a oferta de prazas sostidas con fondos públicos en residencias de maiores, pasando de 5.000 ata as máis de 16.000 que hai nestes momentos.