A Xunta mellora os centros ocupacional e de día do concello de Valga cun investimento de 134.000 euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024
- Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional

Valga (Pontevedra), 2 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia destinou 134.000 euros a mellora do Centro Ocupacional de Discapacidade (CODI) e do centro de día para persoas maiores de Valga. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá estes equipamentos acompañado do alcalde do concello, José María Bello.
Perfecto Rodríguez destacou a boa sintonía entre a Administración autonómica e a local para a realización destas actuacións, que son o resultado de tres convenios de colaboración asinados no 2024. Ao respecto, apuntou que "o obxectivo destes acordos é ofrecer aos veciños de Valga unhas infraestruturas e servizos de calidade".
As actuación levadas a cabo no CODI consistiron no acondicionamento completo dun local anexo ao centro para usalo como espazo para a realización de diferentes obradoiros de reciclaxe de aparatos eléctricos e electrónicos, de manualidades, de musicoterapia ou de estimulación cognitiva, entre outros. Esta intervención incluíu a dotación de mobiliario, e supuxo un investimento de máis de 47.000 euros.
Ademais destas obras, o Consorcio concedeu ao concello unha subvención de 67.000 euros para a adquisición dun vehículo adaptado para o uso por parte deste centro ocupacional.
Pola súa banda, no centro de día investíronse 20.000 euros para mellorar o seu illamento térmico e eliminar filtracións. Os traballos desenvolvéronse tanto nos talleres como no ximnasio, o auditorio e a sala principal, e incluíron o pintado das zonas danadas pola humidade.