Miguel Corgos acompaña aos alumnos do CEIP Santa Baia nunha videoconferencia con Laponia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boiro (A Coruña), 19 de decembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañou hoxe ao alumnado do CEIP Santa Baia de Boiro nunha videoconferencia con Laponia.
Esta actividade do Nadal, na que tamén estivo o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, forma parte das tradicionais conexións con Laponia que, entre os días 11 e 19 de decembro, realiza a Xunta.
Este ano, foron preto de 700 nenos e nenas de 20 concellos, os que participaron nesta iniciativa e tiveron a posibilidade de falar con Papá Noel, poucos días antes da Noiteboa.
Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén tiveron a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel as persoas adultas en situación de dependencia psíquica do Centro de Día e da Asociación Alume de Guitiriz, así como persoas usuarias da Asociación Pro-Minusválidos Aspromor de Ortigueira.
Con este tipo de experiencias, a Rede CeMIT da Xunta busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.