Fabiola García pon en valor o compromiso coa investigación medioambiental de María Loureiro, galardoada co Premio Wonenburger 2024

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca o seu traballo de investigación sobre cálculo do impacto económico do cambio climático e a relación entre o consumo e o clima, que a sitúa como "un auténtico referente no eido das ciencias sociais"
  • Lembra que o Goberno galego desenvolve políticas públicas en materia de igualdade que "buscan derribar barreiras e elevar as vocacións de nenas e rapazas, a modo de efecto espello no que poidan mirarse"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá no acto de entrega do premio María Josefa Wonenburger Planells 2024 a María Loureiro, catedrática de Fundamentos de Análise Económico da Universidade de Santiago de Compostela. A Unidade Muller e Ciencia da Xunta -que concede o recoñecemento- tivo en conta o seu labor na investigación sobre a enerxía ou a economía ambiental e agrícola, entre outras cuestións.

Fabiola García, que volveu condenar o asasinato machista rexistrado onte en Viveiro, fixo fincapé na ampla traxectoria que atesoura María Loureiro, á que definiu como "un auténtico referente no eido das ciencias sociais". De feito, destacou que se trata dunha prolífica investigadora especialista en transición enerxética, clima e medio natural e que se atopa incluída na lista do 2 % de persoas científicas de maior impacto mundial, a denominada Lista Stanford.

A conselleira de Política Social puxo en valor o seu traballo de investigación sobre o impacto económico do cambio climático e a relación entre o consumo e o clima e lembrou que Loureiro fixo historia coa súa avaliación económica dos danos ambientais do Prestige, que deu lugar, por primeira vez, a unha peritaxe medioambiental dunha catástrofe deste tipo. María Loureiro traballa agora, xunto ao seu equipo, no cálculo dos danos ocasionados por eventos climáticos extremos, que poden afectar á saúde e ao benestar da cidadanía.

Na súa intervención, Fabiola García subliñou que o obxectivo deste galardón é "blindar o papel fundamental das mulleres na ciencia" e fixo fincapé en que a Xunta aposta pola eliminación de desequilibrios na ciencia e por situar a perspectiva de xénero nun primeiro plano nos estudos e actividades científicas.

Para conseguir este obxectivo, o Goberno galego desenvolve políticas públicas en materia de igualdade que "buscan derribar barreiras e elevar as vocacións de nenas e rapazas, a modo de efecto espello no que poidan mirarse". Entre estas iniciativas, destacou o III Programa Muller e Ciencia que, con 44,7 M€, quere impulsar un sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore a igualdade de oportunidades. Neste sentido, lembrou que os orzamentos de 2025 inclúen máis de 28 M€ para a promoción da igualdade de xénero para impulsar, entre outras cuestións, unha maior educación e investigación en clave de igualdade.

Por último, Fabiola García lembrou que o premio María Josefa Wonenburger -na honra da investigadora e matemática galega que foi pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias- foi creado polo Goberno autonómico para distinguir as mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. Con este recoñecemento, a Xunta quere poñer en valor a carreira destas referentes, que destacan pola súa contribución e convertelas en modelo a seguir polas xeracións vindeiras.

Ampla traxectoria investigadora

María Loureiro, nada no concello lucense da Pontenova en 1972, é licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutora pola Washington State University. Desde o ano 2010 é catedrática na USC e, ademais, foi profesora titular na Colorado State University e na Carlos III de Madrid.

A Unidade da Muller e da Ciencia destaca tamén que María Loureiro forma parte da Real Academia Galega das Ciencias desde o ano 2022. Concretamente, a investigadora é a primeira muller académica numeraria da Sección de ciencias Económicas e Sociais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/12/2024
754342 {"title":"Fabiola García pon en valor o compromiso coa investigación medioambiental de María Loureiro, galardoada co Premio Wonenburger 2024","published_date":"2024-12-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/142361-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"754342"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-19/754342-fabiola-garcia-pon-valor-compromiso-coa-investigacion-medioambiental-maria-loureiro-galardoada-co-premio-wonenburger-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.