A Xunta renova o obradoiro dual e o programa integrado de emprego de Redondela cun investimento de máis de 600.000 euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ana Ortiz asistiu á clausura da última edición do curso Redondela máis que Bela IV financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Redondela (Pontevedra), 13 de decembro de 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este martes o obradoiro dual Redondela máis que Bela IV que permitiu formar durante o último ano a 20 persoas desempregadas. Ademais, confirmou que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración renovará en 2025 o curso cun investimento de 411.927 euros e tamén o Programa Integrado de Emprego (PIE) con 220.000 euros.
A representante autonómica, que estivo acompañada pola alcaldesa, Digna Rivas, participou na entrega dos diplomas que acreditan aos participantes no obradoiro. Durante os últimos doce meses, o alumnado levou a cabo por unha banda a formación en materia de xardinería, forestal e agricultura ecolóxica a través de actuacións na Finca A Coutada, na Finca no Camiño da Vía Vella, na Rotonda de Vilavella, na Rotonda Vilar de Infesta, no Finca e horta do Pousadouro e no Colexio Público de Reboreda.
Por outra banda, recibiron formación innovadora na de carpintería de ribeira, mediante os traballos a realizar na posta en valor do emblemático bote "Manuel", embarcación que responde á tipoloxía máis estendida na enseada de San Simón e que data de finais dos anos 30 do século pasado.