Villares e Gómez nomeados novos patróns da Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago de Compostela
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O titular de Mar enxalzou o labor desta entidade no fomento da investigación e a difusión da Dieta Atlántica polos seus beneficios para a saúde e benestar da cidadanía na que os produtos pesqueiros son un dos grandes protagonistas
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, agradeceu a súa designación como nova patroa da Fundación e puxo en valor a Dieta Atlántica como referente dunha alimentación saudable, variada e sustentable

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, foron nomeados novos patróns da Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago de Compostela. O titular de Mar enxalzou o labor que desempeña esta entidade que ten como obxecto o fomento do estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica polos seus beneficios para a saúde e benestar da cidadanía.
O responsable autonómico destacou que os produtos pesqueiros son un dos seus piares nos que o consumidor pode atopar calidade, sabor e unhas propiedades nutritivas excepcionais que permiten previr diferentes enfermidades ou doenzas. Nesta liña, situou á Fundación como unha aliada excepcional para continuar traballando na concienciación da sociedade da importancia de introducir no seus hábitos de consumo o peixe, o marisco e as conservas.
Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, agradeceu a súa designación como nova patroa da Fundación e comprometeuse a seguir colaborando con esta entidade na difusión e posta en valor dos produtos agroalimentarios galegos a través da Dieta Atlántica.
Neste mesmo sentido, Gómez subliñou tamén a importancia das experiencias de calidade de Galicia, é dicir, dos produtos do noso agro amparados por distintivos de calidade diferenciada, na conformación da devandita Dieta Atlántica, que constitúe -subliñou- unha referencia en canto á alimentación saudable, variada e sustentable.