A Xunta pon en valor o novo centro ocupacional de Betanzos que fomenta activamente a integración social das persoas con discapacidade intelectual
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que esta iniciativa supón un paso máis na visibilidade e inclusión das persoas afectadas
- Este novo centro forma parte do Pai Menni Irmás Hospitalarias que conta con outros recursos de atención no municipio aos que a Xunta destina máis de 5 millóns de euros
- Estas instalacións sitúanse en pleno centro do concello para fomentar a interacción dos usuarios co resto de veciños
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Betanzos (A Coruña), 12 de decembro de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada da alcaldesa de Betanzos, María Barral, puxo en valor o novo centro ocupacional de Pai Menni Irmás da Caridade. Estas instalacións sitúanse no centro da localidade e teñen como obxectivo potenciar a integración das persoas con discapacidade intelectual no resto da comunidade.
No acto de inauguración, a directora xeral sinalou que a nova localización deste centro ocupacional supón un paso máis na visibilidade e integración das persoas con discapacidade. Así, dáselle a oportunidade de prestar servizos ao resto da comunidade potenciando as súas habilidades e dotándoos de ferramentas para fomentar a súa autonomía.
Begoña Abeijón destacou que o Centro Pai Menni conta ademais con recursos residenciais para persoas gravemente afectadas, un centro de día, vivendas tuteladas e o centro ocupacional. A Xunta destina máis de 4.300.000 ao financiamento de 169 prazas de atención e coidado nos diferentes recursos desta entidade social.
Nesta liña, agradeceu o traballo da entidade social sen ánimo de lucro, Irmás Hospitalarias, que conta cunha ampla traxectoria neste eido, poñendo en marcha diferentes programas e iniciativas para fomentar a súa autonomía. En concreto, nos últimos anos o Executivo galego tamén destinou preto dun millón de euros a financiar diferentes liñas de actuación deste centro.
Así mesmo, a directora xeral recalcou a importancia da colaboración entre o tecido social e a Administración para ofrecer as mellores condicións ás persoas afectadas. Deste xeito, trasladou o compromiso da Xunta de seguir ofrecendo recursos para impulsar a autonomía das persoas con discapacidade e garantir todos os seus dereitos.