Fabiola García sitúa a Galicia como referente en innovación pública no ámbito sociosanitario e aposta pola mellora constante na atención aos maiores
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Participou nunha mesa redonda sobre a innovación pública en Áraba e Galicia na que se debateron e analizaron os retos e oportunidades do sector
- Detallou o modelo de coidados posto en marcha pola Xunta, "realista e consensuado co sector", e que ten como obxectivo "facer máis humanos e accesibles os centros residenciais"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vitoria-Gasteiz (Áraba), 12 de decembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor a aposta do Goberno galego pola innovación tecnolóxica e mellora constante no sistema de atención ás persoas maiores, que ten permitido situar a Galicia como referente en innovación pública no ámbito sociosanitario. Así o destacou hoxe no Foro de Innovación Social celebrado esta mañá e no que participou nunha mesa redonda sobre a innovación pública en Áraba e Galicia.
Nesta xornada, que ten como obxectivo o debate e análise dos desafíos e oportunidades no ámbito sociosanitario, a conselleira estivo acompañada polo director de Innovación, Sistemas de Xestión e Avaliación da Deputación Foral de Áraba, Iñaki Artaza, e polo director da Fundación Idea, Rafael Sánchez-Ostiz.
Fabiola García fixo fincapé en que o Goberno galego ten deseñado un sistema sociosanitario innovador, que pon a tecnoloxía ao servizo das persoas maiores, busca mellorar a comunicación entre os ámbitos social e sanitario e reformar a concepción dos centros residenciais. Unha aposta que, segundo destacou, "ten situado a Galicia como unha referencia nacional e internacional no ámbito dos coidados".
Na mesa redonda, a conselleira detallou o novo modelo de coidados posto en marcha pola Xunta, "realista e consensuado co sector", e que ten como obxectivo "facer máis humanos e accesibles os centros residenciais". A conselleira explicou que este modelo está centrado en 4 piares básicos: a innovación asistencial, o aproveitamento das vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías, a transformación arquitectónica dos centros e a humanización dos coidados.
Entre as medidas postas en marcha destacou, entre outras, a implantación en todos os centros residenciais da historia clínica electrónica, a creación dun certificado de calidade, a elaboración dun censo común estandarizado para todas as residencias ou o desenvolvemento dun plan de formación continuo para os profesionais dos centros. Así como a especial aposta pola modernización tecnolóxica dos centros residencias, coa dotación de monitores multiparamétricos, habitacións intelixentes e novos sistemas de rehabilitación virtual. Nesta liña de melloras na atención, Fabiola García lembrou que proximamente crearanse dous centros de coidados intermedios en Santiago de Compostela e en Mos, nos que se atenderá a persoas que xa recibiron a alta médica pero que seguen necesitando coidados especializados.