A Xunta aposta por impulsar a competitividade da industria a través da innovación
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 11 de decembro de 2024
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu hoxe á clausura da Asemblea Xeral do Hub de Innovación Dixital Infab Hub, un proxecto transfronteirizo liderado por Asime cunha extensa rede de empresas colaboradoras, especializado na transformación dos procesos de fabricación de sectores como a automoción, o sector metal-mecánico, o aeroespacial, o naval e o téxtil moda.
Na súa intervención, Margarita Ardao lembrou os plans directores que a Xunta acaba de presentar, por exemplo, para a industria da automoción e o naval, que teñen como obxectivo impulsar a competitividade das cadeas de valor a través da innovación, a dixitalización, a sustentabilidade e a internacionalización.