A Xunta de Galicia achega 300.000 euros ao concello de Tordoia para acondicionar o seu novo centro social
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións están destinadas a rematar a execución da fachada e a cuberta do inmoble destinado ao uso dos veciños do municipio
- Fabiola García recordou que o ano pasado o Goberno galego destinou máis de 60.000 euros para a ampliación do Punto de Atención á Infancia

Tordoia (A Coruña), 7 de decembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, visitou as obras do futuro centro social municipal. A Xunta de Galicia destina 300.000 euros para o acondicionamento da fachada e a cuberta deste inmoble.
A Consellería de Política Social e Igualdade e a o Concello asinaron este convenio de colaboración para finalizar as obras do centro social municipal que estaban paralizadas. Así, está previsto que durante o 2025 este recurso destinado ao lecer da veciñanza xa entre en funcionamento.
O novo centro social de Tordoia será unha instalación multidisciplinar que permitirá ao Concello albergar multitude de actividades e programas tanto para as persoas maiores do municipio coruñés como para todos os veciños.
Ademais, durante a visita, Fabiola García recordou o compromiso que a Xunta de Galicia ten co Concello á hora de continuar mellorando os servizos sociais. Así mesmo, lembrou que o Executivo galego concedeu o ano pasado máis de 60.000 euros para a ampliación do seu Punto de Atención á Infancia. Deste xeito, este servizo poderá contar cunha decena de prazas novas de atención á infancia ata acadar as 30, que estarán en funcionamento o vindeiro curso.