A Xunta financia con máis de 930.000 euros a nova escola infantil municipal de Ordes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García puido comprobar o bo avance da actuación, que está practicamente rematada e que contará con 61 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ordes (A Coruña), 7 de decembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá as obras da futura escola infantil municipal de Ordes que a Xunta de Galicia financia con máis de 930.000 euros, o 70% do total do custo da actuación. Na visita, estivo acompañada polo alcalde do municipio, José Luís Martínez.
As obras da nova escola infantil municipal, que contará con 61 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, están xa practicamente rematadas e prevese que entre en funcionamento no primeiro trimestre de 2025. A Consellería de Política Social e Igualdade financia esta nova escola cun investimento de máis de 930.000 euros.
Durante a visita, a conselleira de Política Social e Igualdade destacou a importancia destes investimentos para axudar aos concellos de Galicia na posta en marcha de novas prazas de educación infantil por toda a comunidade.
Neste sentido, lembrou que Galicia continúa a ser a única comunidade co 100% das escolas infantís gratuítas durante oito horas ao día e once meses ao ano. Unha gratuidade que é posible grazas ao compromiso do Goberno galego con esta etapa e a un investimento de máis de 60 millóns de euros ao ano. A través desta medida, máis de 32.000 familias galegas poden aforrar, cada ano, ata 3.000 euros na educación dos seus fillos e a nosa Comunidade conseguiu situarse como líder na taxa de escolarización de 0 a 3 anos en toda España.