Manuel Pardo maniféstalle aos alumnos-traballadores do obradoiro de emprego 'Búbal IV' que tras a súa formación seralles máis doado incorporarse ao mercado laboral
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial explicou que no obradoiro de emprego 'Búbal IV' a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste 420.928 euros na formación de 20 alumnos - traballadores no módulo de actividades auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (7) actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (7) e atención sociosanitaria a domicilio (6)
- Manuel Pardo lembrou que Ourense é a provincia máis favorecida da concesión dos novos obradoiros duais de emprego polo Goberno galego con 27 axudas
- Os obradoiros duais son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social

Ourense, 2 de decembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Monterrei para, acompañado do seu alcalde, José Luís Suárez, o alcalde de Cualedro, Luciano Cuquejo, e Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra, inaugurar o obradoiro de emprego Búbal IV, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste 420.928 euros na formación de 20 alumnos - traballadores no módulo de actividades auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (7), actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (7) e atención sociosanitaria a domicilio (6).
Manuel Pardo lembrou que Ourense é a provincia máis favorecida da concesión dos novos obradoiros duais de emprego polo Goberno galego. Deste xeito, a Xunta concedeu axudas a 27 obradoiros a Ourense, 22 á Coruña, 20 a Pontevedra e 17 a Lugo. Máis de 36 millóns de euros que beneficiarán máis de 1.700 persoas a través da realización de arredor de 90 obradoiros duais en toda Galicia.
O representante do Goberno galego salientou a importancia destas medidas, que a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo de interese público remunerado, estes homes e mulleres poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación -resaltou o representante do Goberno galego- adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade.
Explicou Manuel Pardo que os obradoiros duais son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral.
Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. O obxectivo é incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas.
O representante do Goberno autonómico recalcou tamén que, ademais, a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna, polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación.
Actuacións a desenvolver no obradoiro `Búbal IV´
No concello de Cualedro realizaranse actuacións de mantemento da contorna da Igrexa Antiga, da fonte de Rebordondo, dos parques infantís de San Martiño, Carzoá e Vilela; das áreas recreativas da Pedrosa, Vilela, e no lavadoiro e fonte do Longo dos Montes; da ruta dos Muíños nas Mercedes; da piscina municipal; dos xardíns do Toural e do municipio; da área de descanso do peregrino de Penaverde; así como a humanización do entorno da fonte de Lamas e a consolidación de estruturas arqueolóxicas do Castro de San Millao.
No concello de Oímbra levaranse a cabo operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización como a formación dunha pérgola en Espiño, dunha barbacoa cuberta en Casas dos Montes e a construción de beirarrúa no Terrón; así como actuacións de mantemento nas áreas recreativas do Rabal, do Rosal e do Río Támega; e dos entornos da Casa do Concello, a piscina municipal e do patio interior do colexio-gardería.
No concello de Monterrei os participantes desenvolverán tarefas de mantemento nas áreas recreativas de Vences, da Pousa, de Flariz, de Infesta, e do Carregal; nos parques infantís de Esteviños, Mixós, e de Medeiros; na piscina municipal de Albarellos, no Castelo de Lobarzán e no Castro da Ceada das Chas; así como operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización como a pavimentación da rúa do Campo en Vilaza, a instalación dunha barbacoa no teleclube de Esteviños e no Centro Sociocultural Guimarei, a cubrición grellada en Flariz, a ampliación posterior do centro de interpretación do viño de Vilaza e o peche perimetral da zona cuberta na área recreativa de Vences.