A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da praza de abastos e na súa certificación como mercado excelente
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo galego para potenciar estes espazos esenciais no comercio de proximidade

Xinzo de Limia (Ourense), 2 de decembro de 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Xinzo, Amador Díaz, visitou as instalacións da praza de abastos deste municipio ourensán, beneficiario da orde de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cunha achega de máis de 19.000 euros para impulsar este espazo e favorecer a súa certificación na rede de Mercados Excelentes en Galicia.
En total, 28 municipios recibiron preto de 700.000 euros para levar a cabo tanto accións necesarias de cara á obtención do selo de Mercado Excelente como melloras nos mercados, co gallo de afondar na revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.
Neste senso, Gabriel Alén puxo en valor o alto número de solicitudes recibidas este ano na liña de diagnose e de elaboración da documentación, o que lle está permitindo á Xunta realizar un estudo pormenorizado das necesidades de actuación prioritarias a curto e medio prazo para a transformación das prazas de abastos en Mercados Excelentes.
Todo isto, lembrou, no marco do proceso de elaboración do Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, actualmente en fase participativa con todo o sector coa previsión que presentalo no primeiro trimestre do vindeiro ano. A este respecto, o director xeral resaltou que para o Executivo galego é unha prioridade abordar o futuro do comercio da man de todos os axentes implicados -entre eles, tamén, os praceiros e praceiras- co obxectivo de recoller as súas achegas para abordar o futuro con garantías, algo imprescindible para poder afianzar un tecido comercial sólido, renovado e adaptado aos novos tempos.