Rueda visita o 'Belén máis rural' en Santiago posto en marcha pola cooperativa CLUN e o grupo Ecoener
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Felicita aos promotores do proxecto por combinar a tradición e a identidade dos oficios e do rural galego

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á inauguración do Belén máis Rural de Santiago, unha iniciativa impulsada por primeira vez este ano pola cooperativa rural CLUN e a empresa de enerxías renovables Ecoener, en colaboración co Goberno galego que cede as súas dependencias no Pazo de Raxoi para que os visitantes poidan achegarse a ver esta representación de xeito gratuíto ata o 8 de xaneiro.
En referencia á ubicación do belén, Rueda, que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, afirmou que este é "o lugar máis solemne que ten a Xunta" e que polo tanto está reservado a "grandes ocasións".
Ademais, felicitou aos promotores do proxecto por combinar tradición e identidade. En palabras do presidente, este belén sirve para lembrar as esencias da festividade, representar os oficios e "conectar co rural".
Este proxecto súmase á ampla oferta turística e cultural da comunidade nestas datas. A Xunta porá en marcha, como cada ano, a guía Nadal en Galicia na cal se recolle a ampla programación destas festas nas catro provincias, con actividades que abranguen desde mercados artesanais ata beléns. A de 2024 estará dispoñible nos vindeiros días na páxina web de Turismo de Galicia.