A Xunta apoia ao Concello da Coruña para que a praza de abastos de San Agustín opte a formar parte da rede galega de Mercados Excelentes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O obxectivo é promover, por un lado, actuacións dirixidas ao mantemento e mellora dos Mercados Excelentes existentes e, por outro, accións de mentorización, de formación ou obras de construción para que outros poidan acadar este selo
  • A axuda para o proxecto do mercado de San Agustín é de máis de 10.200 euros
  • Na convocatoria deste ano tamén resultou beneficiario o mercado das Conchiñas, con máis de 9.300, da liña de apoios a asociacións e federacións de prazas de abastos para a dinamización comercial e mantemento das súas webs de venda electrónica

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 28 de novembro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou, esta mañá, o mercado de San Agustín para informar da resolución da convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que busca impulsar os Mercados Excelentes en Galicia dirixida aos concellos con interese en integrar as súas prazas de abastos e mercados nesta rede sinónimo de diferenciación e calidade.

En concreto, a cidade da Coruña recibiu unha axuda de máis de 10.200 euros. Este apoio servirá para elaborar un informe e a documentación necesaria para levar a cabo as actuacións necesarias para que o mercado de San Agustín poida recibir o selo de Mercado Excelente.

A maiores, concedeuse unha axuda de máis de 9.300 euros ao mercado das Conchiñas para actuacións de dinamización e revitalización desta praza de abastos.

Axudas a concellos de Galicia

En concreto, 28 municipios de toda Galicia -tan só dous deles xa co distintivo de excelencia concedido- recibiron preto de 700.000 euros para levar a cabo tanto accións necesarias de cara á obtención do selo de Mercado Excelente como melloras nos mercados, co gallo de afondar na revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.

No marco das axudas a concellos, resultaron beneficiarios 7 consistorios da provincia da Coruña (A Coruña, Carballo, Vimianzo, Cee, Boiro, Noia e Ferrol), que podían ter varios obxectivos, os municipios que xa teñen Mercados Excelentes podían recibir apoio para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado.

Mentres, os municipios con prazas de abastos que non son Mercado Excelente podían sufragar accións de mentorización e formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, ademais doutras accións de mellora.  Nesta mesma orde, nas axudas a municipios tamén había dúas liñas máis de achegas, destinadas á adquisición de equipamento e eficiencia enerxética.

Prazas de abastos

A maiores, concedéronse preto de 200.000 euros en achegas a un total de 19 asociacións e federacións de mercados e prazas de abastos galegas para accións de dinamización e de mantementos das súas webs de venda electrónica.

A orde pode financiar actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento das webs de comercio electrónico, na mesma liña que no relativo ás federacións. Das entidades beneficiadas neste apartado, 2 corresponden á provincia da Coruña (asociación de comerciantes e empresarios/as mercado das Conchiñas e asociación de profesionais da praza de abastos de Padrón).

En total a provincia da Coruña recibiu destas dúas liñas máis de 120.000 euros para o impulso de mercados excelentes e para a revitalización e dinamización das prazas de abastos. O compromiso continuará nos orzamentos de 2025, tanto no marco desta convocatoria específica como co financiamento de actuacións en mercados concretos.

 
Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/11/2024
694517 {"title":"A Xunta apoia ao Concello da Coruña para que a praza de abastos de San Agustín opte a formar parte da rede galega de Mercados Excelentes","published_date":"2024-11-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/137593-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"694517"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-28/694517-xunta-apoia-ao-concello-da-coruna-praza-abastos-san-agustin-opte-formar-parte-da-rede-galega-mercados-excelentes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.