A Xunta destaca as medidas e iniciativas da atención á discapacidade nun encontro con persoal técnico
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 27 de novembro de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde nunha mesa redonda sobre os efectos colaterais da Lei de discapacidade na que destacou ou papel da Xunta de Galicia na atención e protección ás persoas con discapacidade.
Na mesa redonda analizáronse polo miúdo as novidades que introduce esta lei, que pon o foco na protección da vontade e preferencias das persoas con discapacidade. Non obstante, tamén se detallaron por parte dos expertos certos efectos colaterais que se están vendo na práctica.
Neste senso, a directora xeral fixo fincapé en que a Xunta de Galicia traballa cada día para mellorar a autonomía e calidade de vida das persoas con discapacidade. Así, Begoña Abeijón destacou que a Administración galega seguirá traballando coas entidades sociais para apoiar e garantir os dereitos das persoas afectadas.