A Xunta pon en marcha en Lugo un sistema de reclamación dixital para favorecer os dereitos de consumidores e usuarios

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os comercios adheridos contarán cun código QR que simplifica e axiliza o trámite

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 27 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación en Lugo do proxecto piloto de reclamacións dixitais que está a poñer en marcha o Instituto Galego do Consumo e da Competencia. O acto tivo lugar no centro óptico De la Torre, o primeiro comercio da provincia que se adheriu ao novo sistema.

Arias explicou que favorece o exercicio dos dereitos dos consumidores e usuarios porque simplifica e axiliza o trámite, ao tempo que ofrece ás empresas unha ferramenta áxil de comunicación coa súa clientela. Os establecementos comerciais que decidan sumarse á iniciativa contarán cun código QR que remite a un formulario virtual, evitando ter que solicitar e entregar expresamente as follas de reclamación no comercio.

O delegado sinalou que o modelo estase a estender por comercios de toda Galicia, e o obxectivo para o vindeiro ano é chegar ao sector servizos (subministración eléctrica e telefonía), que son os máis numerosos en materia de reclamacións da cidadanía.

O procedemento é sinxelo. Ao escanear o código QR ábrese un formulario que recolle os datos persoais e os motivos da reclamación. Á vez que se envía por correo electrónico ao establecemento, o afectado recibe a confirmación dando conta do día e da hora da presentación e indicando que se abre un prazo dun mes para que a empresa remita contestación.

Transcorrido o prazo dun mes sen obter resposta ou de ser esta insatisfactoria, a persoa consumidora poderá dirixirse directamente ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia e presentar unha nova reclamación a través dun enlace que xa se inclúe no propio correo e que recupera os datos xa cubertos con anterioridade.

Arias lembrou que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia conta cunha oficina na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, e tamén atende a través do teléfono gratuíto 900 23 11 23 -que funciona de 9,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 19,00 horas de luns a venres- para ofrecer información e asesoramento en materia de consumo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/11/2024
680626 {"title":"A Xunta pon en marcha en Lugo un sistema de reclamación dixital para favorecer os dereitos de consumidores e usuarios","published_date":"2024-11-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/136798-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"680626"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-27/680626-xunta-pon-marcha-lugo-sistema-reclamacion-dixital-favorecer-os-dereitos-consumidores-e-usuarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.