O delegado territorial clausura o obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés que xa conta con varios alumnos empregados
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O programa foi posible grazas a un investimento da Xunta de Galicia de máis de 540.000 euros
- Reguera resaltou os bos datos de inserción laboral destes obradoiros
- Vinte desempregados formáronse nas especialidades de Operacións básicas de cociña e Operacións básicas de restaurante

Sanxenxo (Pontevedra), 26 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá na clausura do obradoiro dual de emprego da Mancomunidade do Salnés 'Hostalaría do Salnés XV'.
Neste obradoiro, que tivo unha duración aproximada dun ano e que contou cun investimento da Xunta de máis de 540.000 euros, participaron 20 persoas desempregadas. O alumnado dividiuse entre as especialidades de Operacións básicas de cociña e Operacións básicas de restaurante. Ambas contaron con acceso a unhas prácticas remuneradas durante toda a duración do programa.
Estas prácticas reverteron ademais a favor dos propios concellos da mancomunidade, xa que se centraron na difusión de varios atractivos municipais. Así, o alumnado participou en iniciativas de promoción do turismo gastronómico, así como en iniciativas solidarias con ONGs e iniciativas de fomento dos bos hábitos alimentarios.
Neste sentido, as actividades levadas a cabo no obradoiro permitiron ao alumnado desenvolver as habilidades necesarias para inserirse no mercado laboral. Tanto é así que algúns dos participantes conseguiron atopar un traballo relacionado co seu sector antes incluso de rematar a formación.
O delegado territorial felicitou á Mancomunidade do Salnés por organizar, un ano máis, "un obradoiro que aposta por dúas especialidades que teñen unha gran demanda no mercado laboral, algo que, sen dúbida, facilitará a inserción laboral dos alumnos e alumnas".
Para rematar, Reguera lembrou os bos resultados que conseguiron a gran maioría de obradoiros que se levaron a cabo este ano e destacou "a enorme taxa de empregabilidade que se está a conseguir, tendo en conta que moitos obradoiros aínda non foron clausurados".
Este ano tiveron lugar na provincia de Pontevedra 21 obradoiros de emprego, o que supón preto de 11,5 millóns de euros de investimento da Xunta de Galicia.