A Xunta investirá en 2025 preto de 4 M€ en dez obradoiros duais de formación para desempregados da área de Vigo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, clausurou este venres o curso Vigo Capacita IX que contou con 20 alumnos e alumnas
- Destaca o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego e un tipo de "cualificación orientada a cubrir as demandas reais" das empresas da contorna
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 22 de novembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este venres o obradoiro de emprego de formato dual Vigo Capacita IX, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas durante doce meses, e que conta cun investimento de 531.046 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Durante a visita ao Centro Veciñal e Cultural de Valadares, onde se levou a cabo o curso, a representante autonómica destacou o "compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego e un tipo de formación de calidade", enfocada a "cubrir as demandas reais das empresas" da contorna. Ademais, confirmou que haberá unha nova edición do obradoiro e que a Xunta investirá 3,9 millóns en 2025 para un total de dez cursos na área de Vigo.
No caso concreto de Vigo Capacita IX, os participantes recibiron desde novembro de 2023 a novembro de 2024 formación nas especialidades de cociña e servizos de restauración, elaborando menús para o comedor social "La Sal de la Tierra", para actos organizados pola Fundación Érguete-Integración ou o propio Centro Veciñal e Cultural de Valadares, entre outras actividades que incluíron almorzos saudables, degustacións e difusión de receitas nas redes sociais.
Ademais da cidade olívica, que repetirá en 2025 con Vigo Capacita X, a delegada indicou que xa están aprobadas novas achegas de 441.928 euros para outra edición do obradoiro Coidando o Miñor IV, concedidos a través da Mancomunidade do Val Miñor, e outros 205.964 euros para o IV Obradoiro Forestal Montes de Vigo, a través da Mancomunidade de Montes.
Tamén Mos promoverá a iniciativa Queda en Mos III; Salceda de Caselas contará co curso Recuperación do Legado Patrimonial; Salvaterra de Miño terá o Salvaterra Emprega IV; Cangas celebrará Granxa da Rúa XIII; Redondela, o obradoiro Polo Mar de Redondela; O Porriño desenvolverá o obradoiro Porriño Humaniza, e Moaña o taller Labora Hostalería.