A Xunta e o concello do Páramo acordan a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O seguinte paso será a sinatura dun convenio entre as dúas administracións para a xestión deste recurso que garante unha alimentación saudable e equilibrada adaptada ás necesidades de maiores que viven sos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde do concello do Páramo, José Luis López, na que acordaron a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa. O seguinte paso será a sinatura dun convenio entre as dúas administracións para a xestión deste recurso.
Xantar na Casa é un recurso de comida a domicilio que garante unha alimentación saudable e equilibrada adaptada ás necesidades de maiores que viven sos, persoas dependentes ou en risco de exclusión social.
No marco da colaboración entre Xunta e Concello, serán os servizos sociais municipais os que se encargarán de seleccionar aos beneficiarios do programa que recibirán no seus fogares o menú para os sete días das semana, festivos incluídos. Pola súa banda, a Xunta financiará o 50% do custo da comida, mentres que a outra metade correrá a cargo do concello e dos usuarios a partes iguais.
A comida repártese nos domicilios nunha única entrega, polo que os destinatarias só teñen que quentala antes de consumila. Ademais, o programa facilita neveira e microondas no caso de que os fogares dos beneficiarios non dispoñan deles.
Na actualidade, o Xantar na Casa chega a 2.500 persoas e a 200 concellos de toda Galicia, repartíndose máis de 17.000 menús semanais.