A Xunta pon de relevo o labor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia polo seu 30º aniversario e o liderado do seu laboratorio

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González destaca que o Laboratorio galego é o único oficial público na materia acreditado pola ENAC, líder estatal no control e comunicación de alertas de produtos inseguros co fin de blindar os dereitos dos consumidores e potenciar o comercio local
  • O seu labor enmárcase no do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que en 30 anos avanzou na simplificación administrativa, na gratuidade e na resolución de conflitos, acumulando case 1 millón de consultas e preto de 500.000 reclamacións
  • Tense habilitado un sistema de reclamación dixital que prevé chegar este mes a un cento de supermercados e a cen establecementos e servizos máis en decembro, coa idea de ter 5.000 adheridos en 2025, incluídas a subministración eléctrica e a telefonía

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 18 de novembro de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou hoxe o acto co gallo do 30º aniversario do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), poñendo en valor o seu labor continuo a prol da simplificación administrativa, da gratuidade e da eficacia na resolución dos conflitos en materia de consumo. En compañía do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e da xerente do iGCC, Sol Vázquez, o conselleiro aproveitou o acto para destacar especialmente o Laboratorio de Consumo de Galicia, líder estatal tanto no control como na comunicación de alertas de produtos inseguros co obxecto de blindar os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e seguir potenciando o comercio local galego. 

No caso das tres décadas de andaina que acumula o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, González sinalou que a súa acción a favor das persoas consumidoras e usuarias reflíctese no balance global que acumula, con case un millón de consultas rexistradas, preto de 500.000 reclamacións e uns 27.000 expedientes sancionadores por un importe de case 150 millóns de euros.

En materia de arbitraxe, Galicia conta cunhas 12.500 empresas adheridas a este sistema extraxudicial de resolución de conflitos, emitíndose no pasado ano 2023 uns 3.000 laudos resoltos, máis dun 75% a favor da persoa consumidora. Respecto da Escola Galega de Consumo, forma unhas 20.000 persoas cada ano, destacando os colectivos máis vulnerables, con preto de 700 actuacións formativas.

O titular de Emprego apuntou que co acto de hoxe se quere apostar por darlle continuidade a estas cifras, porque son o reflexo de que a Administración autonómica velou, vela e seguirá velando polas experiencias dos consumidores e usuarios galegos. Para avanzar nese obxectivo, a axenda polo 30º aniversario do IGCC inclúe máis actividades en 2025, como a celebración nas sete cidades galegas do Día do Consumidor o 15 de marzo, mesas redondas e puntos de encontro, a reunión de distintas comunidades autónomas en Galicia para debater novas estratexias en materia de consumo e xornadas de portas abertas na Escola Galega de Consumo e no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Un Laboratorio que -en palabras do conselleiro- destaca por ser o único oficial público na materia que conta coa acreditación ENAC (que avalía a competencia técnica para a certificación e inspección) consolidándose como referente. En total, leva analizado máis de 10.000 referencias do mercado galego, ademais de participar os seus técnicos na elaboración de normas de seguridade a nivel nacional e internacional. 

Sistema de reclamación dixital 

No marco da adaptación do IGCC aos novos tempos, José González referiuse ao proxecto piloto de reclamación dixital posto en marcha co obxectivo de axilizar este proceso e garantir a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. Tras a primeira proba nun establecemento compostelán, vénse de ampliar a iniciativa a catro comercios máis, coa idea de chegar neste mes de novembro a un cento de supermercados de Galicia e de sumar outro cento de establecementos  e servizos en decembro. No 2025 perséguese que o sistema chegue á subministración eléctrica e á telefonía, que son os máis numerosos en materia de reclamacións da cidadanía, aspirando acadar no conxunto do próximo exercicio os 5.000 comercios adheridos.

O novo sistema alternativo ás follas físicas de reclamación proporciona simplicidade, eficacia e garantías a este proceso en materia de consumo, ofrecendo ás empresas unha ferramenta áxil de comunicación coa súa clientela. Todos os interesados en adherirse ao proxecto piloto poderán solicitalo facilitando os datos do seu establecemento ou servizo ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia (igc.consumo@xunta.gal).

O conselleiro enmarcou esta iniciativa novidosa na aposta firme da Xunta polo comercio local, un tecido produtivo clave para a vertebración das vilas e cidades que se seguirá reforzando o ano que vén, coa aprobación no primeiro trimestre do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.          

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/11/2024
625030 {"title":"A Xunta pon de relevo o labor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia polo seu 30º aniversario e o liderado do seu laboratorio","published_date":"2024-11-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/133286-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"625030"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-21/625030-xunta-pon-relevo-labor-do-instituto-galego-do-consumo-e-da-competencia-polo-seu-30-aniversario-e-liderado-do-seu-laboratorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.