A Xunta pon en valor o impacto da economía social e das cooperativas agroalimentarias na revitalización do rural galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no encontro Diálogos inspiradores: Universidade e Economía Social, un encontro polo Laboratorio de Innovación e economía social de Galicia no marco das actividades da Rede Eusumo co obxectivo de analizar os retos e oportunidades do cooperativismo no sector agroalimentario.
Pablo Fernández puxo en valor que a Xunta busca contribuír ao impulso destas fórmulas de negocio, incrementando a súa competitividade e mantendo empregos inclusivos e de calidade, vencellados ao territorio e favorecendo un crecemento sustentable a nivel económico, ambiental e social. Neste senso, destacou o papel das cooperativas agroalimentarias na revitalización do rural galego e salientou liñas de axudas como o Bono consolida social, dotado en 2025 con 2,73 millóns de euros para apoiar a consolidación destas entidades ou o propio labor de asesoramento e acompañamento que se realiza a través da Rede Eusumo, proporcionando apoio técnico personalizado para deseñar, desenvolver e consolidar proxectos desta índole.