A Xunta destaca o compromiso social da familia de Amador de Castro na presentación da súa fundación
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García sinalou que Galicia posúe unha tupida rede solidaria que vai desde o voluntariado ata fundacións

A Coruña, 20 de novembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor hoxe o exemplo de compromiso social que é a biografía persoal e profesional de Amador de Castro. Destacouno na presentación da fundación que este empresario galego pon en marcha para apoiar ás persoas con síndrome de Down e ás diagnosticadas de Alzhéimer. Ao acto tamén asistiron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo.
Fabiola García sinalou que Amador de Castro "é unha das grandes figuras da empresa galega, capaz de concibir grandes proxectos e de levalos a cabo". Así mesmo, subliñou que foi pioneiro en alentar a incorporación ao mundo laboral de persoas con discapacidade cun programa ambicioso que leva o nome de Son Capaces e que segue en vigor nas ITV de Galicia. No ámbito da atención ás persoas maiores, destacou que puxera en marcha un modelo humanizador de residencias, baixo o nome de Raiola.
A conselleira indicou que a Fundación Amador de Castro "é unha nova demostración de que Galicia posúe unha tupida rede solidaria que vai desde o voluntariado ata fundacións como esta". Ao respecto, engadiu que "non soamente somos Galicia Calidade polos nosos produtos, senón tamén polos nosos sentimentos".
Por último, sinalou que con esta entidade, a familia de Amador de Castro fai o que el tantas veces repetiu: "devolverlle á sociedade o que ela che deu".