A Xunta reitera que os servizos de inspección constatan que a atención e o servizo prestado no CAPD Souto de Leixa de Ferrol é correcto
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García lembrou que o vindeiro ano este centro de atención a persoas con discapacidade será xestionado por unha entidade social
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta mañá a unha pregunta oral no Parlamento de Galicia sobre o Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade (CAPD) Souto de Leixa, situado en Ferrol. Na súa intervención, incidiu en que o centro pasa as correspondentes inspeccións e que non se ten constatado ningún incumprimento na prestación do servizo.
Fabiola García lembrou, ademais, que nestas inspeccións avaliase o servizo prestado, as ratios de persoal e constatase o benestar dos usuarios. E engadiu que neste centro realizáronse obras de reforma por un importe que ascende a máis de 1,1M€, entre as que destaca a dotación dun vaso terapéutico.
A conselleira tamén destacou que, tal e como xa lle foi avanzado aos familiares das persoas usuarias, o centro será xestionado a partir do vindeiro ano por unha entidade social, é dicir unha entidade sen ánimo de lucro. Unha xestión que, ademais de garantir a continuidade do servizo, continuará garantindo unha atención de calidade aos usuarios.
Por último, Fabiola García lembrou que en 2025 a Xunta destinará un total de 180,6M€ á atención ás persoas con discapacidade, case un 5% máis que neste ano.